Cervo, 12 de xullo de 2015. O Concello de Cervo celebrou este luns unha reunión da Comisión Especial de Contas na que se abordou o expediente da conta xeral do exercicio 2015, na que o remanente de tesourería para gastos xerais é de 1.970.000 euros e o Concello cumpre a regra do gasto estando bastante por debaixo do límite fixado para o pasado exercicio. Estes datos foron destacados hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Facenda, Dolores García.
O rexedor cervense explicou que “nesta comisión especial de contas trouxemos o expediente da conta xeral do Concello de Cervo do exercicio 2015 cos seus estados e anexos. Unha conta xeral onde hai que destacar aspectos importantes, entre eles que o remanente de tesourería para gastos xerais é positivo en 1.970.000 euros; tamén que o resultado orzamentaria axustado é positivo en 945.000 euros; a estabilidade orzamentaria tamén é positiva, en 751.992 euros; e hai que destacar que se cumpre a regra do gasto, ademais estando bastante por debaixo do límite fixado para este exercicio”.
Alfonso Villares engadiu que “estas magnitudes orzamentarias están eu creo que en moi boas cifras. Isto o que nos ven a dicir é que seguimos sendo moi estritos no cumprimento económico que este Concello está a facer das súas contas”.
A edil de Facenda salientou: “para nós é prioritario ter as contas ao día e ter as contas, ademais con positivos, porque eu creo que isto o que nos posibilita é poder seguir levando adiante todos os servizos que nestes momentos está a ofrecendo o Concello de Cervo. Podemos continuar apostando pola educación con distintas axudas que estamos a dar, ben sexa a colexios, a pais, a alumnos ou en infraestruturas educativas. Podemos seguir apostando pola cultura con todo o que estamos a facer neste ano, incluído apoiar como imos facer ao festival Gadélica. Podemos continuar a axudar ás distintas comisións das festas que están tendo lugar sobre todo nesta época estival, non unicamente con persoal e equipamento senón tamén economicamente. Podemos seguir apostando polos servizos sociais; e, por iso, agora para acabar o equipamento do centro de día residencia, que proximamente imos poñer en funcionamento, tamén imos investir diñeiro. Podemos continuar apostando por todos os servizos e infraestruturas que estamos a poñer no noso concello, basicamente apostando polas infraestruturas básicas e agora mesmo, na etapa en que estamos, para levar o saneamento á nosa zona rural”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



