O pasado venres 15 levouse a cabo, no salón de Conferencias do Concello de Burela, a presentación da curtometraxe de afectados pola cláusula solo da Mariña.
Os asistentes que se deron cita para a proxección, previa presentación do locutor de Radio Burela Matías Nicieza, e introducción dun dos avogados integrantes da Asociación de Afectados pola Cláusula Solo da Mariña, Pablo Álvarez Ramos, poideron visionar o vídeo duns trinta minutos de duración.
Baseado nunha historia real dunha parella de veciños de Viveiro a gravación desenvólvese en torno á súa historia e a metáfora e analoxía establecidas entre o matrimonio como institución tradicional e o “matrimonio perpetuo, viciado ou á forza do século XXI: a hipoteca”.
Dirixido por Manuel Gil a idea central de dar formato audiovisual a este tipo de historias estriba na necesidade, plantexada pola asociación, de poñer cara e visualizar un problema que afecta a un 6% do espectro sociolóxico da nosa comarca e que nos casos máis graves, deriva incluso en execucións hipotecarias e desafiuzamentos.
ACSA xurde no 2014 como unha organización de consumidores e usuarios que, como consecuecia da indefensión xerada pola venda masiva de productos bancariso complexos: preferentes, hipotecas con cláusula solo, SWAP, débede subordinada… ten por lei motiv asesorar e informar aos veciños da comarca.
Dende a asociación manifestan o “máis sincero agradecemento a todos os participante do acto levado a cabo, anuncian a súa vontade de seguir promocionando a curtometraxe en institucións da comarca e medios locais dos que son colaboradores, e de seguir ofrecendo asesoramento e divulgación aos veciños na súa sede social de Burela, Arcadio Pardiñas 81, 3º A, ou a través do teléfono de contacto 655 210 846”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



