O Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informaba este venres que a Xunta de Goberno aprobou un investimento de 300.000 euros dirixido a Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, é dicir, todas agás o de Lugo, para financiarlles as melloras que teñen que levar a cabo nas súas sedes electrónicas con motivo da entrada en vigor o 1 de outubro da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Esta normativa establece cambios nas ferramentas tecnolóxicas para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aos cidadáns a realización de todos os seus trámites coas mesmas de xeito telemático e con seguridade.
A Deputación distribúe este investimento entre os 66 Concellos en base aos seguintes criterios obxectivos (os mesmos que o POS): superficie, densidade de poboación, esforzo fiscal e unidades de poboación.
Santos Ramos explicou que as axudas por Concello, que serán de entre 3.300 e 6.300 euros, concederanse vía convenio por dous motivos: para axilizar a súa concesión e para axustarse ás necesidades de cada municipio.
“A vindeira semana, enviaremos aos 66 Concellos toda a información sobre estas axudas, dándolles un prazo duns 15 días para que as soliciten e nos comuniquen as súas necesidades, que recolleremos nos convenios individuais que asinaremos cos mesmos. Este investimento de 300.000 euros para melloras nas sedes electrónicas en 66 Concellos da provincia suporá, polo tanto, unha nova e inmediata inxección económica do Orzamento da Deputación para 2016 na provincia”, remarcou.
Reparto de investimento para A Mariña
| CONCELLOS |
SUPERFICIE (PUNTOS) |
ENTIDADES POBOACIONAIS (PUNTOS |
POBOACIÓN (PUNTOS) |
ESFORZO FISCAL (PUNTOS) |
SUMA TOTAL |
IMPORTE MÁX. EUROS |
|
|
||||||
| ALFOZ |
0,31 |
7,65 |
0,37 |
0,44 |
9 |
4.514,93 € |
| BARREIROS |
0,29 |
4,6 |
0,6 |
0,75 |
6 |
3.843,28 € |
| BURELA |
0,03 |
0,05 |
1,92 |
0,55 |
3 |
3.171,64 € |
| CERVO |
0,31 |
3,25 |
0,87 |
1,57 |
6 |
3.843,28 € |
| FOZ |
0,4 |
3 |
1,98 |
0,55 |
6 |
3.843,28 € |
| LOURENZA |
0,25 |
4,45 |
0,46 |
0,55 |
6 |
3.843,28 € |
| MONDOÑEDO |
0,57 |
5,15 |
0,78 |
0,54 |
7 |
4.067,16 € |
| OUROL |
0,57 |
11,5 |
0,21 |
0,63 |
13 |
5.410,45 € |
| PONTENOVA (A) |
0,54 |
3,35 |
0,49 |
0,46 |
5 |
3.619,40 € |
| RIBADEO |
0,44 |
6,75 |
1,99 |
0,56 |
10 |
4.738,81 € |
| RIOTORTO |
0,27 |
3,2 |
0,27 |
0,44 |
4 |
3.395,52 € |
| TRABADA |
0,33 |
6,1 |
0,24 |
0,52 |
7 |
4.067,16 € |
| VALADOURO (O) |
0,44 |
9,15 |
0,41 |
0,48 |
10 |
4.738,81 € |
| VICEDO (O) |
0,3 |
5,85 |
0,36 |
0,84 |
7 |
4.067,16 € |
| VIVEIRO |
0,44 |
12,4 |
3,15 |
0,64 |
17 |
6.305,97 € |
| XOVE |
0,36 |
4 |
0,68 |
1,93 |
7 |
4.067,16 € |
| TOTAL |
|
|
|
|
|
67.537,29 € |
Compulsa electrónica ou pago telemático de impostos
A propia Deputación tamén levará a cabo melloras neste senso. “Temos moito camiño andado, pois contamos con sede electrónica, co rexistro telemático ou coa factura telemática. Isto permite aos veciños, tan só co seu DNI electrónico ou cun certificado dixital, entregar documentación, solicitar axudas ou tramitar as súas facturas polos servizos prestados ao organismo provincial a través de Internet. É dicir, sen desprazamentos e papeleos. Pero temos que seguir avanzando”, indicou o Vicepresidente.
Por este motivo, a Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación de novos traballos neste eido por un valor máximo de 70.000 euros. As actuacións que se realizarán agora no organismo provincial permitirán habilitar a compulsa electrónica ou o pago telemático dos impostos que máis de 50 Concellos teñen delegado no servizo de Recadación Provincial (IBI, IAE, Imposto de Actividades Económicas, imposto de circulación, imposto de entrada de vehículos); permitirán aos veciños coñecer o punto no que se atopa a tramitación da túa documentación (por exemplo, en que departamento está e porqué, cal é o seguinte paso… é dicir, os cidadáns terán a información ou o control da mesma, sen ter que vir e preguntar na propia administración); ou compartir a información con todas as administracións do país para que, unha vez que un cidadán entregue na Deputación a documentación imprescindible, por exemplo, para solicitar unha subvención, non teña que facelo continuamente nas demais cando se dea este caso. Ademais, este traballos facilitarán a realización de todos os trámites coa Deputación a través de calquera dispositivo móbil ou farán que a sede electrónica provincial sexa moito máis intuitiva.
Servizo a Domicilio
Tal e como adiantaba o xoves o Presidente, Darío Campos Conde, a Xunta de Goberno aprobou o investimento de 1,5 millóns de euros para as Axudas no Fogar, o reparto destes fondos por Concellos, así como o modelo de convenio que a Deputación asinará con cada un dos 66 municipios. Trátase dun Servizo a Domicilio totalmente renovado e gratuíto para os Concellos.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



