CADERNOS DA VIAXE. Dende novembro do 2015 Francia vive nun estado de excepción que limita substancialmente as liberdades democráticas, nomeadamente permtindo que a Policía poida deter persoas sen orde xudicial. Pois ben, estas graves restricións á liberdade non evitaron o masacre de Niza, sinxelamente porque a prevención o que esixía era unha medida proporcionada e natural, que a policía local coruñesa implementa dende hai anos no San Xoán: que non accedesen vehículos non autorizados ao espazo público do paseo marítimo niceano onde milleiros de persoas celebraban a Festa Nacional francesa. Cumpría, dende a eficacia,esa caste de medidas e non as do estado de excepción da Administración Hollande-Valls.
A prevención do terrorismo islamita esixe de controis nas estacións do bus , dos camiños de ferro, nos aeroportos…de certas incomodidades na nosa vida cotián. Mais estas son restricións pensadas no beneficio cidadán, podemos viaxar libremente por mór desta caste de restricións. O que non achega nada á eficacia policial e si moito ao trunfo do ISIS son restricións das liberdades coma as que rexen na Francia dende novembro, como as detencións policiais sen control xudicial.
O inimigo terrorista islamita persegue a derrota do noso-ás veces cativo e deficiente-réxime de liberdades. O seu obxectivo é asoballarnos polo medo e tentar que Europa resposte ao seu terrorismo con medidas propias de sociedades totalitarias… detencións sen orde xudicial, toques de queda que despoboen os nosos espazos públicos, deportación dos europeos de orixe musulmana, confusión do Islam cos islamistas… Compre, pois, que termemos do medo e que pidamos máis e mellor prevención e eficacia policial sen restrición substancial da liberdade, alén das incomodidades dos controis e comprobacións.
A outra obrigada conclusión é a necesidade de prantexarmos a nível europeo a coordinación da información das distintas-e necesarias- Policías locais, territoriais e estatais, a xestión conxunta da intelixencia e contrainsurxencia e máis a creación das Forzas Armadas europeas. Porque só un único Exército europeo poderá garantir a nosa seguranza dun xeito militar e economicamente sostíbel, rachando dinámicas estatais moi custosas nos recursos e moi ineficaces nos resultados.
Xoán Antón Pérez-Lema

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



