A obra de Caxigueiro presente en 3 interesantes exposicións. A primeira, a recen inaugurada “El artista y la ciudad.Visiones y realidades”, en Compostela, no “Centro ABANCA”. Nela, participan artistas tan diferentes como Miquel Navarro, Grandio ou Urbano Lugrís. A segunda,”Fuera de serie. De la provocación a la ilusión”, abre as portas o día 20, no “Museo Nacional de Cerámica.González Martí”(Valencia). A mostra é unha revisión da cerámica moderna e contemporánea. Entre outros están mestres como Picasso, LLoréns Artigas ou Elena Colmeiro. Por último, o Espazo Caritel (FOZ) acolle unha retrospectiva do artista.























Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



