Lugo, 6 de xullo de 2016.- A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisou este mércores os traballos de mellora que se están a desenvolver nas instalacións do campamento da Devesa e aos que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dedica un orzamento de 155.715 euros.
As obras consisten no arranxo das cuberta dos dous pavillóns, nos que se renovou a instalación eléctrica e contraincendios e que nos próximos días procederanse a pintar integramente.
A reparación de fisuras e pintado exterior dos servizos sanitarios; mellora de beirrarúas, comedor, cociña e almacéns anexos; a sustitución da porta de entrada á instalación e o asfaltado e pintado da pista fútbol sala completan as obras acometidas nas dependencias e que son continuidade das efectuadas en decembro do pasado ano. Nese caso tratouse de varias reparacións, fundamentalmente dos servizos sanitarios, de menor envergadura e que supuxeron un coste de preto de 20.000 euros.
Raquel Arias, que durante a visita estivo acompañada, entre outros, polo alcalde de Ribadeo Fernando Suárez e responsables da empresa construtora, asegurou que está previsto que “en breve” rematen as obras. En calquera caso, segundo dixo, “todo estará a punto para acoller ós mozos que a partir do 1 de agosto comenzarán a chegar ás instalacións para participar no campamento multiaventura que, repartido en cinco quendas, estará operativo ata o vindeiro 5 de setembro”.
Dadas as posibilidades da instalación realizaranse actividades que combinan o mar e a natureza: actividades naúticas (surf, kaiak-surf, bodyboard, snorquel),escalada en rocódromo, tiro con arco, obradoiros de conservación do medio e stopmotion/flashmobe, e sendeirismo para coñecer a riqueza natural da Mariña lucense.
En total, ofértanse 480 prazas para mozos de entre 10 e 14 anos. Ás que hai que engadir, no que atinxe á comarca da Mariña, as 520 prazas en cinco quendas das que dispón o albergue xuvenil de Area, en Viveiro, e no que xa se está a desenvolver un campamento mariño e náutico dende o pasado 21 de xuño.
Vela, táboa, wakeboard, kaiak, skimboard, paddelsurf ou snorquel, xunto con actividades de aventura, como tiro con arco ou xeocaptura, ademais de visitas a lugares de interese, obradoiros e veladas nocturnas constitúen as actividades que conforman o programa previsto no albergue de Area.
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta máis de 1.900 prazas de campamentos e campos de traballo na provincia de Lugo durante este verán, que supoñen un investimento de máis de 620.000 euros e a contratación, segundo lembrou a delegada, de arredor de 350 persoas entre monitores, persoal sanitario, persoal de cociña, limpeza e mantemento de instalacións. “Non hai que desdeñar, en consecuencia”, resaltou, “o elemento dinamizador económico e social que supoñen estas atividades para as localidades onde se desenvolven”.
Melloras noutros albergues
A delegada da Xunta tamén explicou que se realizaron melloras noutros albergues na provincia dependentes da Xunta. É o caso do Benigno Quiroga de Portomarín, no que fundamentalmente procedeuse ao pintado das instalacións, entre outras obras menores; e no campamento xuvenil dos Chacotes, en Palas de Rei, onde, entre outros traballos, sustituiuse a cuberta interior da cociña; lixouse e barnizouse o porche do comedor, arranxáronse os marcos de madeira de fiestras e portas e pintouse o interior de toda a instalación. Ambas intervencións supuxeron un investimento de preto de 80.000 euros.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



