A delegada territorial, Raquel Arias, visitou este mércores xunto ao alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, ao alumnado do curso de socorrismo en espazos acuáticos naturais que financia a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Esta é unha das 19 accións formativas de diversas especialidades que sufraga a Administración Autonómica na Mariña, dirixidas, prioritariamente, a persoas desempregadas (cursos AFD). No curso, promovido polo Concello de Xove e que se está a celebrar no consistorio e na piscina municipal, participan 12 persoas;10 homes e dúas mulleres.
Ademais deste, a Xunta aprobou dous cursos máis de socorrismo na provincia de Lugo, que está a impartir a Cruz Vermella na capital da provincia.
Durante a visita, Arias dirixiuse ao alumnado salientando “a vital importancia deste tipo de accións formativas que permiten acadar a cualificación necesaria para o exercicio profesional”, neste caso, engadiu Arias, “logo de superar as 438 horas de formación, o alumno recibirá un certificado de profesionalidade, que o capacita para realizar labores de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais”.
A delegada recordou que nesta campaña de verán a Xunta financiou a contratación de 85 socorristas na comarca da Mariña, o que supón un investimento de máis de 335.000 euros, nese eido sinalou que “o alumnado que hoxe recibe formación estará perfectamente cualificado para velar pola seguridade dos bañistas, grazas a un curso de formación que se axusta ás necesidades do mercado e que constitúe unha vía de acceso ao emprego”.
En total, a Xunta destina 784.614 euros para a posta en marcha dunha vintena de accións formativas na comarca da Mariña. O máis demandado é o de atención sociosanitaria a persoas dependentes, do que se impartirán 7 cursos, un deles estase a desenvolver tamén no concello de Xove.
A programación de cursos AFD foi aprobada en base ás solicitudes dos promotores, que poden ser tanto administracións públicas como entidades sen ánimo de lucro e empresas. Na provincia lucense, concorreron ás axudas para organizar estes cursos 10 concellos, 24 empresas e 9 entidades.
Deste xeito, a Xunta inviste na provincia máis de 4,6 millóns no desenvolvemento destas accións formativas das que se poden beneficiar 1800 desempregados.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



