Teodosio Vesteiro Torres foi un escritor do S.XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi moi efímera: finou tráxicamente ós 28 anos de idade. De ascendenza luguesa, nacera en Vigo en 1848. Con só 12 anos ingresa no seminario onde os éxitos académicos non se fan esperar e aínda estudante chega a rexentar unha cátedra de Humanidades.
En 1871 abandona o seminario e trasládase a Madrid;traballa como profesor de música e colabora en distintas revistas. Funda “Gaceta Literaria” que reuniría ós intelectuais galegos, residentes na capital,entre eles Añón e Curros Enriquez, creada “para contribuir á prosperidade de Galicia”. Autor de “Galería de Galegos Ilustres”, en varios tomos, e “Recuerdos de Galicia”: nun destes da a súa versión sobre a orixe de “tomar as de Villadiego”: polo S. XVI vivía en Ribadeo D.Diego de Villalpando, deudo dos condes daquela vila que, por cuestión de amoríos, viuse envolto nun duelo que resolveo atravesando coa espada o corazón do contrincante. Por temor á xustiza fuxíu de Ribadeo e non parou deica as proximidades Burgos. Alí, para ocultar a súa personalidade, trocou o apelido, pasando a chamarse don Diego de Villadiego. O duelo transcendeo e houbo en Ribadeo interrogatorios sobre as andanzas do criminal, e o xuiz víuse obrigado a requerir “qué veredas tomaría don Diego”: “Las de Villadiego” contestaron, e era verdade.O maxistrado despachou exhortos á vila de Villadiego en requisa de Diego de Villalpando, respondendo os daquéla que alí non había mais Diego que o de Villadiego, e tiñan razón.
E así prevaleceo tal dito para definir unha fuga venturosa co correspondente burlete ó decir: “tomou as de Villadiego”.
Vesteiro foi unha alma atormentada e o fracaso de “Galicia Literaria” e a influencia do espíritu romántico da época, propiciaron que o 3 de febreiro de 1837 rematara coa súa vida con un tiro na sien, no paseo do Prado de Madrid,ó xeito que uns anos antes o fixera o romántico Mariano José de Larra.
Suso Fernández


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



