Mondoñedo, 1 de xullo de 2016.- Desde decembro de 2015, data na que se celebraron as anteriores eleccións xerais, o Partido Popular gañou na comarca 826 votos, mentres que a oposición en conxunto perdeu 3.016, isto é, 96 votos cada mes. Así o explicou o coordinador do Partido Popular da Mariña, José Manuel Balseiro, na reunión da Executiva comarcal que tivo lugar esta tarde para valorar os resultados do 26X e na que estivo tamén presente a presidenta provincial Elena Candia.
Resultados 26X
Os populares salientan a confianza recibida polos veciños da bisbarra que co seu voto directo, tinguiron de azul todos os concellos xa que o PP foi a forza máis votada nos 16 municipios da Mariña (incluído Riotorto) onde obtiveron 18.435 votos o 46,96% dos sufraxios emitidos, conseguindo convencer a máis veciños que no 20D.
Os datos son aínda máis relevantes se tomamos como referencia as últimas eleccións municipais celebradas en maio do ano pasado. O PP creceu na comarca en 1.908 votos e catro puntos fronte aos 11.792 sufraxios que perderon PSOE e BNG.
Precisamente Balseiro salientou a gran diferenza na evolución dos apoios que o PP obtivo en relación co seu máis directo competidor, o PSOE. Os socialistas nos últimos 8 anos perderon máis da metade dos seus votos, ao pasar de 21.008 nas xerais de 2008 aos 10.004 actuais, mentres que a irrupción de novas forzas e a evolución do censo solo restaron 4.012 votos ao PP nese mesmo período.
Balseiro considera que o proceso de renovación e autocrítica desenvolvido polo Partido Popular e a presentación dunha candidatura máis seria e comprometida coa comarca foi quen de darlle a vantaxe sobre os seus adversarios e de feito so o PP situará a un deputado da comarca no Congreso, o mariñán Jaime de Olano.
Finalmente salientaron o respaldo que para os equipos populares implica o feito de que o PP fora quen de vencer incluso nos concellos onde hoxe son o partido da oposición como é o caso de Alfoz (48.38%), Burela (41.75%) Lourenzá (43.29%), Ourol (45.01%), A Pontenova (47.31%), Trabada (50.55%), O Valadouro (45.87%), Viveiro (40.32%) e Ribadeo (43.84%) e instou as agrupacións locais a traballar para consolidar estes resultados en futuras citas coas urnas.
Autonómicas
Con todo, desde o PP insistiron en fuxir da linguaxe triunfalista é adiantaron a necesidade de ser prudentes na vitoria porque agora toca ser capaces de mobilizar e ampliar apoios de cara ao outono, cando está prevista a celebración das eleccións galegas. “Nada esta gañado” insiste, toca traballar duro. Balseiro valorou os resultados “como unha oportunidade que os votantes lle dan ao PP para seguir mellorando e para non relaxarse nin caer na soberbia que afundiu aos nosos rivais”.
O coordinador comarcal dixo “o equipo popular está a punto, disposto a presentar batalla para contribuír desde A Mariña ao ambicioso obxectivo de manter a única maioría absoluta das autonomías en España, a que lideraría o presidente Feijóo”. Balseiro adiantou que a estratexia de campaña buscará ofrecer unha idea moi clara “concentrar o voto en Feijóo é o único xeito de ter un goberno serio e estable en Galicia e non unha sopa de siglas que, como vemos na Deputación, acaba por estoupar froito do personalismo e a falta dun proxecto único das forzas da oposición”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



