Ribadeo, 22 de xullo de 2016. As dúas Xeorutas organizadas polo Concello de Ribadeo e que discorren pola contorna da praia de As Catedrais e polo o pobo de Rinlo comezaban este xoves e levaranse a cabo ata o 18 de setembro, segundo anunciou este venres a concelleira de Turismo, Ana Martínez, que lembrou que “Ribadeo foi pioneiro o ano pasado na posta en marcha destas iniciativas”.
A edil nacionalista comentou que “pasado o ecuador deste mes de xullo vemos como Ribadeo está a tope de xente, como ano tras ano nos imos posicionando como ese destino turístico preferente para moitas persoas. Desde o Concello nos sentimos alagados por esta elección de tanta xente que quere vir visitar a nosa vila, o noso concello, e queremos seguir apostando por un turismo responsable e sostible que combina o goce co coidado. Iso é moi importante cando un destino turístico quere posicionarse debemos apostar, pero tamén conservar e coidar”.
Martínez dixo que “dá gusto ver a nosa costa case virxe, escoitando a moita xente que nos di que en poucos lugares a poden ver así, esa costa aberta que respecta o entorno e o medio ambiente para nós tamén é unha satisfacción. Nesa aposta seria tamén desde o Concello vemos os froitos. Podemos ver diversas noticias nas que nos posicionamos pola excelencia en lugares destacados de portais de internet como un turismo importante en praias e hoteis. En definitiva como ese destino que imos construíndo entre todas e todos os ribadenses para que sexamos atractivos en practicamente todo o mundo. Como xa ven dixo o alcalde hai uns días Ribadeo luce como unha estrela neste universo do turismo”.
A concelleira de Turismo explicou que “neste marco onte puxemos a andar unha iniciativa que tamén foi pioneira no concello de Ribadeo o ano pasado como son as Xeorutas. Hoxe podemos ver como outros concellos tomaron esta iniciativa o cal para nós é importante porque hai concellos próximos que tamén están poñendo en valor esa parte do patrimonio xeolóxico que nós temos case no seu punto máximo na praia de As Catedrais”.
Ana Martínez manifestou que “se ben estas rutas non soamente se centran na praia de As Catedrais senón que buscamos un pouco dar diversidade e que o visitante que se achegue á praia poida coñecer o resto da evolución xeolóxica da nosa contorna. De feito vaise mergullar nunha viaxe de máis de cincocentos millóns de anos aquel que decida facer estas Xeorutas, que xa o ano pasado tiveron unha gran acollida cando máis de tres mil persoas as realizaron”.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo indicou que “poden gozar de dúas visitas interpretadas con persoas expertas en temas xeolóxicos e medioambientais. Unha será na contorna próxima á praia de As Catedrais, esa é a Xeoruta dos Arcos, que se converte nun pequeno paseo por ese litoral ribadense coñecendo os arcos rochosos dende a parte superior e cando a marea o permite se pode baixar á praia. Poderase facer durante os meses de xullo e agosto ata o 18 de setembro incluído, de martes a domingo, con catro saídas, ás 11:00 horas, ás 12:30 horas, ás 17:00 horas e ás 18:30 horas. O grupo máximo é de quince persoas para así poder explicar e manexar o grupo nunha contorna un pouco complicada, e para obter información tanto nesta ruta dos Arcos como da Xeoruta dos Ollos, que será pola contorna de Rinlo será a través da páxina web de turismo.ribadeo.gal ou directamente en ascatedrais.gal”.
Martínez engadiu que “a Xeoruta dos Ollos está na contorna do pobo mariñeiro de Rinlo ao que moita xente tamén se achega a gozar dese encanto peculiar que ten Rinlo, e teremos un horario un pouco diferente, será os venres en horario de tarde de 17:00 horas a 18:30 horas, e os sábados e domingos en horario de mañá. Tamén en grupos reducidos de quince persoas e o punto de encontro será na pista de San Pedro de Rinlo”.
Visitantes
A concelleira de Turismo tamén se referiu ao número de consultas realizadas nas oficinas de turismo de Ribadeo e das praias das Catedrais: “temos que dar uns datos importantes porque se o ano pasado falabamos de que eran preto de 12.000 persoas as que solicitaron información na Oficina de Turismo de Ribadeo, durante a primeira quincena do mes de xullo, este ano está superada esa cifra. Falamos de que a día de hoxe nos achegamos ás 15.000 solicitudes de información entre as dúas oficinas. As Catedrais supera as 8.000 e a de Ribadeo está preto das 7.000”.
Ana Martínez creo que “o turismo non soamente está vindo senón que está aumentando en número importante. A páxina web segue sendo unha ferramenta importante, a nivel nacional Madrid é de onde se achegan máis visitantes a Ribadeo, a nivel internacional desde Europa os franceses son os que máis nos visitan e desde América desde os Estados Unidos. O camiño de Santiago segue sendo un recurso importante e en alza. Os dous albergues públicos que hai en Ribadeo están cheos todos os días, un ten 12 prazas e outro 24”.
A edil nacionalista anunciou “unha novidade na que tamén están traballando as técnicas da Oficina de Turismo é unha nova ruta pola zona vella na que queremos por en valor a ruta dos comerciantes marítimos, que tamén foi moi importante na nosa vila. Despois do grandísimo éxito que tivo o Ribadeo Indiano queremos potenciar ese outro valor”.
Finalmente Ana Martínez quere “dar as grazas a todos os axentes que traballan polo turismo en Ribadeo, tanto comerciantes e hostaleiros, creo que entre todos e todas estamos conseguindo que Ribadeo luza con luz propia”.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



