As monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia do Concello de Burela pertencentes á Delegación de Medio Ambiente realizaron este venres unha actividade na praia de O Portelo denominada Un mar de plásticos.
Os participantes, unha vintena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos crearon especies mariñas (polbos, cangrexos, distintas especies de peixes, etc) utilizando plásticos que moitas veces quedan esquecidos nas praias (pratos, botellas,etc) e realizaron un mural dun mar azul cheo de especies de peixes de plástico.
As monitoras de Gaia explican que “esta actividade pretende ser unha ferramenta de concienciación da necesidade de manter en perfecto estado o noso espazo natural libre de residuos e sobre todo de plásticos”.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, sumouse a participar nesta iniciativa e a agradecer aos nenos “a súa participación e implicación en accións tan simples como depositar os envases plásticos no seu correspondente colector”.