A localidade de Revels, en Bélxica, acollía esta semana un curso de tecnificación de TaiJitsu impartido polo mestre de AikiJuJutsu Jan Janssens, máxima autoridade da disciplina a nivel mundial 8ºDan e alumno directo do falecido mestre Minoru Mochizuki inspirador das artes de Nihon TaiJitsu e Aiki Ju Jutsu.
Ao curso de carácter internacional asistiron artistas marciais procedentes da propia Bélxica, Rusia, Polonia, Inglaterra, Holanda, Australia e España. Representando ao noso país acudiu a cita Miguel A. Rojo como delegado da zona Norte acompañado do delegado nacional M. A. Ibañéz.
Cabe destacar o papel realizado polo mestre Miguel A. clausurando o curso cunha clase maxistral de Kuatu e Kyusho -disciplinas nas que traballase a metodoloxía dos primeiros auxilios e reanimación así coma o traballo nos puntos vitais- causando gran admiración por parte dos asistentes dada a especial natureza e espectacularidade das técnicas, xa que cun leve golpe pódese anular e deter unha agresión sen maior esforzo.
Segundo o mestre Miguel A. “estas son técnicas dunha dificultade máxima que conlevan anos e anos de práctica, disciplina e adestramento e que están moi lonxe de poder ser realizadas por persoas sen coñecementos marciais”.
Pé de foto: Á dereita Miguel A. Rojo xunto ao mestre Jan Janssens no centro e un representante ruso á esquerda.