Mondoñedo 9 de xullo de 2016.- O Concello de Mondoñedo vén de clausurar as I Xornadas de Historia Local ‘Enrique Cal Pardo’ cunha ofrenda floral ao historiador e sacerdote. A alcaldesa, Elena Candia, asistiu xunto á familia do diocesano a un emotivo acto no que salientou a intensa traxectoria intelectual, sacerdotal e persoal deste Fillo Adoptivo da localidade “ao que tanto lle debemos os mindonienses”.
Candia tamén quixo subliñar o carácter amable e voluntarioso “dunha persoa profundamente comprometida coa nosa cidade á que dedicou toda a súa vida”.
A alcaldesa amosouse moi satisfeita da boa acollida que tiveron estas pioneiras xornadas polo que lles augurou “unha longa vida de cara a futuras edicións”.
Candia precisou que esta iniciativa, que se levou a cabo do 5 ao 8 deste mes na Casa da Xuventude, tiña como obxectivo “dar un paseo pola historia de Mondoñedo dende a actualidade ata a prehistoria con exemplos reais sobre a mesma”. Ademais, a rexedora engadiu que “se quixo coidar de xeito especial a participación dos máis novos para traballar con eles sobre a historia da nosa cidade, amosarlles os monumentos e darlles a coñecer documentos para que saiban de onde se obteñen os datos”.
Placa homenaxe aos voluntarios do Mercado Medieval
Durante a xornada, para conmemorar as Vodas de Prata do Mercado Medieval, alcaldesa tamén participou nun acto homenaxe no que se fixo entrega dunha placa en honor a todos aos voluntarios e voluntarias que fixeron posible que esta festividade se puxera en marcha fai xa 25 anos e que lograron que se convertera “no mercado máis antigo da comarca e nun referente para todo o norte de España”.
Candia indicou que este distintivo colocarase a vindeira semana na praza da Catedral da cidade, “por ser o lugar onde naceu e onde ten as súas orixes este mercado”.
A rexedora recordou que este ano, a XXV edición do Mercado Medieval, se levará a cabo do 12 ao 14 de agosto. Candia animou a todos os veciños e veciñas da cidade así como aos turistas e xente doutros puntos da xeografía galega a asistir a esta cita xa consolidada no calendario mindoniense que “ano tras ano supera todas as espectativas”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



