Cervo, 15 de xullo de 2015. O Partido Popular levou ao pleno deste xoves dous investimentos que deberan ruborizar ao alcalde e ao conxunto do seu grupo de goberno. Por un lado vanse investir 54.000 euros en reparar o emisario e estación de bombeo da antiga rede de saneamento que verte augas residuais ao mar sen depurar na zona da Praia de Cubelas cando hai un ano que se puxo en funcionamento a estación depuradora e novas redes xerais que a deberan substituir pero que tampouco funcionan como se demostra co feito de que o propio goberno local noutro punto do pleno propón destinar case 27.000 euros para reparacións do tanque de tormentas novo.
O BNG censurou no pleno de onte a desastrosa política executada polo goberno municipal do Partido Popular por cargar sobre as arcas municipais o abandono, a incompetencia e a deixadez na xestión das redes de saneamento e depuración de augas residuais no concello de Cervo.
Un gasto de 54.000 euros na estación de bombeo e o emisario vello que se debera estar desmantelando
Por un lado o goberno presentou como positivo un gasto de 54.000 euros en reparar a vella estación de bombeo e o emisario que verte na zona da Praia de Cubelas en San Cibrao parte das augas residuais non conectadas á nova rede de saneamento que si conta con estación depuradora e emisario submarino posto en funcionamento en Maio do ano pasado.
Para a formación nacionalista esta é a demostración de que a rede de saneamento e estación depuradora de San Cibrao non funciona ao 100% e que unha parte da localidade seguirá vertendo augas residuais sen depurar ao mar durante tempo xa que o lóxico sería desmantelar a vella para substituíla pola nova.
O portavoz municipal, Luís Bernardo Insua, afirmou que en San Cibrao vai haber dobre rede de saneamento e dobre gasto: unha delas nova que non funciona a pleno rendemento que verterá augas residuais depuradas en Cuíña e outra vella que seguirá vertendo sen depurar nas proximidades da praia de Cubela cando deberá estarse desmantelando; é a incompetencia levada ao extremo e sería de risa se non fora que custa cartos reparala e custará cartos mantela.
Gastos en reparar a maquinaria da nova rede de saneamento e depuración de residuais a un ano de empezar a funcionar
Por outra parte o goberno municipal leva a pleno un gasto de 26.000 euros para reparar o tanque de tormentas da rede de saneamento nova que empezou a funcionar en maio de 2015 e polo tanto ou xa viña defectuosa ou a tardanza en poñela en funcionamento fixo que se deteriorara, calquera cas razóns é inxustificábel para que o concello teña que acometer agora esta actuación se o goberno municipal estivera atento na recepción dun equipo que deberá estar en perfectas condicións un ano despois de comezar a funcionar, afirmou o portavoz nacionalista.
Outro exemplo do desastre na xestión do sistema de saneamento en Cervo
Luís Bernardo Insua, non só responsabilizou ao goberno municipal do dobre gasto en obras e mantemento no saneamento en San Cibrao, tamén o fixo no de Cervo, que a pesar de ser unha instalación modélica desde o punto de vista medioambiental polo sistema ecolóxico de depuración, a falta de coidados, os recortes orzamentarios, e a deixadez dos responsábeis municipais fai que produza malos olores, e verta mais tempo as augas sen depurar que depuradas ao río Xunco.



















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



