A Mariña, 14 de xullo de 2016. O BNG na Mariña presentou a campaña polo 25 de xullo “Día da Patria Galega” que este ano celebrará baixo o lema “Galiza Viva. Soberanía e traballo”. Como cada ano celebraranse actos lúdicos e reivindicativos na comarca os día 17 de xullo ás 14:30 hrs. na área recreativa da Insua en Barreiros coa “XI Manifesta da Patria Galega” e o 23 de xullo no peirao de Foz coa “XXIII Festa da Patria” que culminarán coa asistencia mobilización do 25X en Compostela para o que se convida a todas aquelas persoas e colectivos que queiran asistir facilitando o transporte co flete de buses desde a comarca podendo anotarse nos tlfs. 982140654 e 636500651.
Na rolda de prensa de presentación da campaña participou unha representación da organización nacionalista nas localidades de Foz e Barreiros, así como responsábeis políticos da Executiva Comarcal do BNG e Rubén Cela, membro da Executiva Nacional do BNG.
Dúas citas xa históricas os días 17 e 23 en Barreiros e Foz
Como noutros anos o BNG mantén dúas citas históricas na comarca nos días previos a 25X: a primeira terá lugar na Area Recreativa da Insua en Barreiros este domingo 17 de xullo coa “XI Manifesta da Patria Galega” a partir da 14:30 hrs. onde haberá un xantar colectivo, xogos tradicionais, música e intervencións políticas e contará coa participación de Xosé Luís Rivas “Mini”. O día 23 no peirao de Foz a partir da 19:00hrs. celebrarase a “XXIII Festa da Patria”, unha cita que xa forma parte do calendario festivo na comarca onde se poderá desgustar o tradicional chicharro lañado nun ambiente lúdico e festivo.
O BNG convoca este ano a manifestación nacional do “Día da Patria” baixo o lema “Galiza Viva. Soberanía e traballo”, sendo conscientes de que “a data do 25X debe ser un momento para celebrar de xeito festivo, mais tamén reivindicativo a pertenza a unha nación antiga, viva e con dereito a actuar no mundo como tal, sen tutelas e dona de si mesma”.
O 25X é unha data para reivindicar o dereito a decidir sobre os nosos recursos e potencialidades.
Ana Ermida Igrexas, responsábel comarcal do BNG, explicou que o 25X é unha data para reivindicar o orgullo deste país dinámico, vivo e cheo de potencialidades no que os galegos e as galegas queren vivir con dignidade”.
Temos dereito a decidir sobre os nosos recursos e capacidades sen que outros decidan por nós, e puxo como exemplo a decisión tomada en Madrid de suprimir na comarca o tren de mercadorías que transportaba aluminio de San Cibrao a Amorebieta que colapsará de camións a xa deplorábel e saturada situación da N642 sobre a que tamén deciden desde Madrid, ou as decisións tomadas a centos de quilómetros sobre a enerxía eléctrica que se produce aquí que non deixa na práctica ningún beneficio a empresas e particulares no territorio onde se produce, afirmou Ermida.
Citas no Festigal e facilidade para asistir á manifestación do día 25 en Compostela.
A portavoz nacionalista animou a participar a persoas e colectivos nos actos do 17 de xullo en Barreiros e o 23 en Foz, así como a asistir ao Festigal que se celebrará os días 24 e 25 de xullo na Carballeira de Santa Susana en Compostela organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre que contará con actuacións musicais, culturais e como todos os anos será un evento onde se mostrará o mellor da Galiza viva e moderna na que vivimos.
Igualmente puxo a disposición de todas a persoas que queiran participar da mobilización do 25X en Compostela que partirá da Alameda ás 12 da mañá para rematar como é tradicional na Praza da Quintana. Para isto favorecerase o transporte colectivo coa posta a disposición de autobuses ao prezo de 5 euros nos que se deberá reservar praza chamando aos tlfs. 982140654 e 636500651.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



