Foz, 6 de xullo de 2016.-O Concello de Foz pide a colaboración cidadá para que non saquen o lixo aos colectores antes das oito da tarde e fai especial fincapé nos locais de hostalaría. Ademais anuncia que a Policía Local estará tamén vixiante de que os donos de mascotas recollan os excrementos das rúas.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anuncia que “o Concello de Foz está elaborando un bando no que quere informar a todos os veciños e aos turistas que durante estas fechas de verán van residir no noso concello, de que teñan boas prácticas no uso dos colectores do lixo.
O rexedor focense pide “que se trate de levar o lixo aos colectores a partires das oito da tarde para que non estea durante todo o día neles, sobre todo en épocas nas que fai e polo tanto causan cheiros e o mal aspecto. Queremos que a xente faga un pequeno esforzo, que a partires das oito da tarde se leve o lixo. A Policía Local estará vixiante de que non haxa condutas incívicas”.
O alcalde de Foz subliña que “hai que facer especial énfase cos locais de hostalería. Estase observando que moitos deles están tirando o lixo durante todo o día, polo cal están deixando cheos os colectores, están causando olores e mal aspecto hixiénico sanitario no que son contornas polas que pasa moita xente. A Policía Local estará vixiante de que esas condutas melloren”.
Por outra parte Javier Castiñeira salienta que “tamén hai un énfase importante no que é os excrementos das mascotas. A Policía Local ten orde de sancionar a todos aqueles que non recollan os excrementos das súas mascotas. Nestes próximos meses o pobo vai estar ateigado de persoas e visitantes e é lóxico que teñamos certas responsabilidades á hora de coidar as nosas mascotas, que non vaian en contra de coidar o noso pobo que é de todos”.
O alcalde de Foz cre necesario “conciencia cívica, sobre todo para tirar o lixo e na limpeza das beirarrúas”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



