Mondoñedo 7 de xullo de 2016.- O Concello de Mondoñedo arranxará o patio do colexio Álvaro Cunqueiro este verán grazas a unha subvención da Consellería de Educación da Xunta de Galicia que suma un montante total de 42.657 euros. A alcaldesa, a popular Elena Candia, agradeceu ao organismo autonómico esta axuda para unha actuación “moi necesaria”. Candia salientou a importancia destas obras “coas que se pretende que os nenos e nenas mindonienses dispoñan dunhas instalacións melloradas e de calidade nas que poder xogar e realizar as actividades didácticas”.
A rexedora avanzou que as obras, que comezarán en breve, consistirán en “arranxar o teito e o chan do patio cuberto do CEIP”. Candia precisou que ata o de agora as instalacións “presentaban unha cuberta deteriorada polo paso do tempo e contaban cun pavimento de canto rodado”. Deste xeito, coas obras procederase a adecentar o teito e a colocar un mellor firme “onde os alumnos e alumnas poidan xogar sen perigo”.
A rexedora adiantou que está previsto que os traballos estean rematados antes de que comece o novo curso escolar. Candia destacou a importancia destas actuacións que permitirán que os “rapaces e rapazas e todo o persoal dispoña dun recinto cuberto renovado para poder estar os días de choiva”.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



