Ribadeo, 21 de xullo de 2016. A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño, Paz Ermida, destaca o grande esforzo económico que está a realizar o Concello para prestar os mellores servizos na praia das Catedrais e no resto dos areais. En total son 26 as persoas que traballan durante este verán, das que só 8 son custeadas pola Xunta de Galicia.
Ermida dixo que “o Concello de Ribadeo quere deixar claro, sen ningún ánimo de protagonismo mais deixando claro o traballo e o esforzo económico que supón para nós, parécenos cando menos inxusto que todo o éxito e recoñecemento que está a ter o areal das Catedrais se lle atribúa á Consellería de Medio Ambiente da Xunta”.
A edil nacionalista subliñou que “contamos cun total de 26 traballadores, entre persoal de salvamento e limpeza para as praias, dos que soamente 8 están subvencionados pola Xunta por un período de 2 meses. E a estes 8 traballadores o Concello págalles 100 euros máis a cada un para equiparar o salario do ano anterior. Aumentóuselles o tempo de contratación para ofrecer servizos o máximo tempo posible, contratamos a persoal de limpeza desde Semana Santa. Todo a cargo do Concello de Ribadeo co esforzo, repito, económico e de organizativo que iso supón”.
A concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño indicou que “tanto o goberno de Ribadeo como os traballadores que neste momento forman parte do equipo de Medio Ambiente traballamos para cumprir coas nosas obrigas, cada quen onde lle compete. Non precisamos loubanzas máis aló do recoñecemento do traballo ben feito, que sempre se agradece, mais tampouco imos permitir que ninguén recolla os froitos que nosoutros sementamos”.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



