O Concello de Viveiro seguimos apostando polo turismo en xeral e pola promoción turística de Viveiro en particular.
Seguindo co traballo de promoción turística de Viveiro, onde se fixo un vídeo, un novo folleto, distintas xestións para posicionar o destino de Viveiro ou a marca turística “Vive Viveiro”, damos un paso máis e poñemos a funcionar unha nova web oficial de turismo de Viveiro.
A nova web dá información clara e concisa dos distintos valores turísticos de Viveiro, con tecnoloxía actualizada, dunha maneira visual e xeoreferenciada.
A nova web é unha web “responsive” (os contidos adáptanse para ser vistos e aproveitados dende calquera dispositivo de entrada, xa sexa PC, tablet ou móbil).
Con esta nova web damos un gran salto cualitativo na promoción de Viveiro no seu conxunto e poñemos en mans do sector, dos visitantes e turistas unha ferramenta de xeoposicionamento dos valores turísticos de Viveiro e incluso do entorno. A web aproveita a tecnoloxía máis usada en internet, a de Google, que permite posicionar por GPS os distintos valores ou recursos turísticos, permitindo aos usuarios da web descargar os recursos nos seus dispositivos podendo calcular a súa distancia e a ruta para poder chegar a eles sen erro ningún.
A xeoreferenciación dos valores, recursos turísticos, rutas, aloxamentos e servizos fan de Viveiro un destino intelixente.
Previamente puxémonos en contacto co sector para que nos facilitaran as imaxes coas que queren aparecer e os seus datos de contacto, ao igual que a súa autorización para podelos promocionar na web, estando á espera de recibir a informacion dalgún establecemento.
A web está xa dispoñible en www.viveiroturismo.com e en www.viveviveiro.com, podendo acceder a ela, tamén, dende a web municipal.
O traballo de contido na súa totalidade e estruturación foi realizado pola consultoría turística ACTURIMO.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



