O venres 1 de xullo presentábase no Valadouro o programa de Ludiverán 2016 do Concello nun acto que se celebraba na Casa da Cultura coa participación do alcalde Edmundo Maseda, a concelleira de Servizos Sociais e Educación María Mon e a coordinadora dos monitores do programa Carmen Moreda que recibiron aos preto de 80 nen@s inscrit@s (con idades entre os 3 e os 12 anos).
O acto servía para explicar, tanto aos participantes coma ás súas familias, o funcionamento das distintas actividades que se van a realizar ao largo dos meses de xullo e agosto.
Grazas á boa acollida destes programas o Concello leva xa varios anos axudando ás familias á conciliación da vida familiar e laboral, tanto na época escolar (con madrugadores, OES, e actividades extraescolares) como nas vacacións do colexio (Ludiverán e Ludinadal con actividades como cociña, manualidades, deportes, cine…).