Foz, 1 de xullo de 2016. O ex alcalde de Foz José María García Rivera será o pregoeiro das Festas do Carme da vila, que comezarán o día 14 de xullo.
O actual rexedor focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “iniciado o mes de xullo toca anunciar por parte do Concello de Foz e en nome tamén da comisión organizadora das Festas do Carme 2016 que o pregoeiro será José María García Rivera, que foi alcalde de Foz durante 16 anos”.
Javier Castiñeira explicou que “entre a comisión e o propio equipo de goberno pensamos que era lóxico e de xustiza que unha persoa que dedicou dezaseis anos ao servizo do pobo como alcalde debe ter un recoñecemento. Unha festa tan importante para Foz, como é a do Carme, sabemos que tamén o é para Rivera, pola súa devoción e polo seu cariño á xente do mar e o que significa a Virxe do Carme e estas festas para a poboación de Foz. É un dignísimo pregoeiro e este recoñecemento creo que foi moi ben aceptado tamén por parte de Rivera”.
O alcalde quere “convidar a todo o mundo a que asista ao pregón, que será o xoves día 14 deste mes sobre ás 20:30 horas na igrexa parroquial, despois da misa cantada polo grupo Mar Aberto ao que pertence Rivera. Espero que a xente saiba agradecer coa súa presenza ese labor durante tantos anos de dedicación ao pobo do señor García Rivera, ex alcalde do concello de Foz”.
























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



