O Auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, con motivo das Festas Patronais do Carme, acollerán o domingo 17 de xullo ás 20.00 horas o festival “Voces mariñanas” coa música do compositor e profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, Lico Rico.
Esperanza Pérez Camba e Roberto Fra exercerán de presentadores para:
– Sito Sedes. Vocalista de Los Satélites. Los Tamara. Amigo e compañeiro de Pucho Boedo. Vocalista dos Zares. Generación Son de Galicia. Numerosos discos e actuacións en toda sorte de eventos televisivos, festivais e concertos.
– Carlos Díaz Mariño. Carolino. Mítico vocalista da gran Orquesta Variedades de Viveiro. Conxunto Sport. Escolma de Meus. Festival “Voces da Mariña”. Festival do Landro.
– Maika. Directora da Coral Terra-Mar de San Cibrao. Orquesta “Augua Doce”. Dúo Johany e Maika. Festival do Landro. Festival “Voces da Mariña”.
– Cigarrán. Cantautor. Orquesta Auga Doce. Xente nova Orquesta do Cruceiro San Roque nas travesías de “media noite”.
– Rosino. Primeira voz de Escolma de Meus. Coral Polifónica de Foz. Coral Polifónica de Burela.
– Saleta Couceiro. Primeira voz da Coral do Conservatorio de Música de Viveiro. Primera Voz da Coral Alborada. Solista en numerosas actuacións líricas no Casino de Viveiro.
– José Eduardo Canoura Rey “Chis”. Orquestas Radio Jazz e Mejoranos, Discografía. Compañeiro de singladura musical de Arcadio Mon.
– Moncho Ferro. Vocalista de gran Orquesta Variedades. Mejoranos. Festivales do Landro. Orquesta “Bellas Farto”.
– Marivi Maragoto. Primera voz da Coral Polifónica do Conservatorio de Viveiro. Grupo “Vapor da Arte”. Solista en concertos de sopranos en Viveiro.
– Margarita Gutiérrez Gómez. Primera voz da Coral Polifónica de Burela. Gañadora do Festival do Landro.
– Mario Gómez. Vocalista da Orquesta Variedades. Festivales do Landro.
– Toni Cazás. Cantautor. Gañador do Festival do Landro.
– David Catá. Artista polifacético. Compositor. Acordeonista do Conservatorio de Viveiro.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



