Santiago, 8 de xullo de 2016.- A Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia vén de aprobar a iniciativa do Grupo Popular mediante a que se busca evitar que se incorra en futuras sancións por sobrepesca, naquelas pesqueirías do caladoiro nacional nas que se realiza unha xestión conxunta da cota.
Máis en concreto, o acordo insta á Xunta a dirixirse ao Goberno central para que impulse as reformas normativas que sexan precisas para facer obrigatorio que todas as embarcacións con porto base en Galicia comuniquen á Federación Galega de Confrarías (ou á entidade xestora correspondente) as súas notas de venda. Esta comunicación deberá realizarse con independencia do punto onde teña lugar a descarga das capturas, nun prazo que non supere ás 12 horas desde que estas teñan lugar.
Na actualidade, en moitos casos non se facilitan ou non se fai coa axilidade necesaria as notas de venda, retrasando o cómputo real sobre o cupo consumido. Esta circunstancia pode derivar en efectos perversos cando as peticións de peche das pesqueirías se realizan tarde, ou cando a cota consumida está amplamente superada, incorrendo en sancións por sobrepesca e en deducións sobre as cotas dispoñibles da anualidade seguinte. “Evitar estes efectos perversos que acaban pagando os traballadores do mar, é o obxectivo desta iniciativa”, sinalou o portavoz de Mar, José Manuel Balseiro.
A OPOSICIÓN FÓRA DA REALIDADE
Neste sentido, lamentou que a oposición non quixera sumarse a este acordo parlamentario que “recolle unha demanda do propio sector” para garantir un mellor control das cotas consumidas e dispoñer de datos máis precisos e actualizados para adaptar o desenvolvemento da actividade á realidade de cada momento.
O portavoz popular lembrou que, “aínda que é certo que xa é obrigatorio realizar esas comunicacións sobre as descargas de peixe que se realizan nos distintos portos, a realidade demostra que moitas veces eses datos non chegan coa axilidade necesaria para poder adoptar os peches precautorios ou o establecemento de novos cupos, e se remata sobrepasando as cotas e incorrendo en sancións”. En consecuencia, a negativa dos grupos da oposición a aprobar esta iniciativa demostra que socialistas, nacionalistas e AGE viven “fóra da realidade”, incapaces de poñer solucións sobre a mesa aos problemas cos que se enfronta o sector.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



