Burela, a 13 de xullo de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela asegurou este mércores que “o acondicionamento para aparcamentos nas inmediacións do Hospital e de Vista Alegre do terreno propiedade do concello vai ser realizado pola empresa adxudicataria das obras, e non polo propio Concello, como asegura o concelleiro de Obras Fernández Rey. O Concello non vai gastar nin un euro nese acondicionamento”.
Os populares afirman que “no seu momento, o equipo redactor do Plano Director da ampliación do Hospital reuniuse en dúas ocasións co anterior goberno municipal do PP, para buscar solucións provisionais para os aparcamentos e mesmo para o heliporto. Dentro das alternativas, que quedaron reflexadas no propio documento do Plano Director, está ese solar, xunto con outros que están nas inmediacións da zona de caldeiras do centro sanitario e na zona de aparcamento das proximidades. Igualmente, quedara claro que o Concello facía as xestións para a consecución das fincas ou solares que se destinarían provisionalmente a aparcamentos mentres durase a obra, e que o acondicionamento corría a cargo da empresa adxudicataria”.
Polo tanto, aseguran desde o PP, “faise o que estaba programado, é dicir, o Concello xestiona solares ou fincas como aparcamentos, e a empresa adxudicataria acondiciona. Por iso queremos deixar claro que o concelleiro de Obras Ramiro Fernández non di a verdade. É mentira que o Concello acondicione, o Concello só cumpre coa súa función. E este acondiconamento faise agora porque en breve comenzará a ocupación do espazo para realizar as obras e vaise ocupar unha zona considerable do actual aparcamento, non porque o diga o Concello”.
O GMP tamén afirma que “o primeiro paso para ir tendo alternativas ó aparcamento actual mentres duren as obras deuno o PP cando se arranxou o solar da esquina da intersección das rúas do Instituto de Rafael Vior, sendo conscientes de que era un espazo insuficiente”.
Desde o PP “pedímoslle ó goberno municipal que diga a verdade, e que nin minta nin engane ós veciños; que non xogue a sacar rendabilidade á ampliación do Hospital porque nunca por ela apostaron e a día de hoxe aínda seguen sen crer que se vai facer”.



















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



