O Presidente, Darío Campos Conde, informou este mércores sobre o cuarto impacto económico do Orzamento de 2016 na provincia. Trátase de 1,5 millóns de euros para o “Plan de Aforro Enerxético da Deputación de Lugo nos Concellos”. Campos Conde adiantou que a Xunta de Goberno do venres aprobará esta programación, dirixida aos 66 Concellos lugueses de menos de 20.000 habitantes.
O plan inclúe subvencións de entre 16.000 e 46.000 euros nos municipios. Tal e como se pode constatar na documentación que se axunta, a distribución dos fondos nos Concellos fíxose en base aos seguintes criterios obxectivos, que son os mesmos que os do POS: superficie, densidade de poboación, núcleos poboacionais e esforzo fiscal.
Con estes cartos, a Deputación financiará tres posibles actuacións:
PRIMEIRA.- Melloras na rede de alumeado público, coas que aforrar máis dun 20% na factura anual pola luz.
SEGUNDA.- Instalación de caldeiras ou estufas de biomasa, así como novas redes de calor, que permiten reducir os custos térmicos ata nun 40% ao ano.
TERCEIRA.- Illamentos térmicos, que facilitan o 10% de aforro na factura anual da calefacción.
Adianto do 50%
Campos Conde explicou que, “ao igual que fixemos coas subvencións nominativas ou co Servizo a Domicilio; ofreceremos aos Concellos un anticipo do 50% do orzamento que lle corresponde, e concederemos estas axudas vía convenio. Isto suporá, unha inmediata inxección económica nas arcas municipais de 750.000 euros, ao tempo que permitirá financiar as actuacións concretas que establezan os Concellos en función das súas necesidades”.
En base as necesidades dos Concellos
O Presidente apuntou que “este venres, na Xunta de Goberno, aprobaremos este investimento de 1,5 millóns de euros, ademais do modelo tipo de convenio, que enviaremos aos municipios. Os Concellos terán un prazo de 1 mes para definir as súas necesidades, que recolleremos nos seus convenios, e para presentar os proxectos. Poderán elixir que actuacións e onde as queren levar a cabo. Por exemplo, na rede xeral de alumeado público ou en concretos edificios municipais, como Consistorios, Casas da Cultura ou pavillóns deportivos, entre outras instalacións locais. Posteriormente, asinaremos os convenios con cada un dos Concellos. Serán os municipios os encargados de contratar estes traballos, que deberán estar executados antes do 31 de decembro”.
Aposta persoal do Presidente
O Presidente lembrou que o día da miña toma de posesión, dixo que quería poñer en marcha máis actuacións de aforro enexértico nos Concellos. “Díxeno porque, como Alcalde que tamén son, sei de primeira man que os gastos enerxéticos supoñen un importante e imprescindible esforzo económico para as arcas municipais. Hai que ter en conta que nun Concello de menos de 5.000 habitantes a media do gasto tan só polos custos da luz municipal é de 200.000 euros ao ano. Por este motivo, en outubro, no Parlamento de Galicia, xa adiantei esta partida de 1,5 millóns de euros do Orzamento de 2016 para novas medidas de aforro de gastos correntes nos municipios”, remarcou
Máis de 400.000 euros de aforro
O titular provincial indicou que “na Deputación de Lugo xa temos experiencia e camiño avanzado neste eido. No anterior mandato progresista, grazas a máis de 1 millóns de euros da Unión Europea, conseguimos reducir en máis de 400.000 euros os gastos anuais pola luz e calefacción en 37 Concellos. Trátanse dos municipios que, finalmente, decidiron sumarse a unha anterior programación de aforro enerxético, que a Deputación de Lugo tamén ofreceu gratis a todos os Concellos. Agardo que a este plan, que inclúe novas medidas, como os illamentos térmicos; e que é unha oportunidade para avanzar no aforro de gastos enerxéticos e no respecto ao medio ambiente; se sumen os 66 municipios”, concluíu.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



