O grupo municipal socialista, no pleno do xoves, votou en contra de que o Concello pague facturas ilegais, porque os reparos de intervención así o corroboran:
Hai fraccionamento do obxecto do contrato….non se pode empregar o sistema de contrato menor ( mais coñecido como “dedazo”). O informe de intervención di: “…o expediente de contratación non se axusta aos trámites esixidos na lexislación sobre a materia, vulnerándose os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, debendo o concello instrumentar o oportuno instrumento administrativo e licitar os mesmos no seu caso.”
Obras, sen conformidade polo técnico municipal de que estas están executadas conforme proxecto
O grupo municipal Foz Plataforma de Futuro propuxo separación das facturas con este tipo de reparos, a votación foi así: a favor 2 FPF+3PSOE , en contra 5 PP+ 2 abstencións do BNG o voto de calidade do alcalde fixo que esta iniciativa non prosperase.
Tendo en conta a advertencia do alcalde de que se non se aprobaban as facturas, todo o gasto do remanente podería ser “ilegal”. O PSOE de Foz vota en contra a todos os puntos.
Como no pleno non se nos deu a oportunidade, e para que todos os veciños de Foz o coñezan: O PSOE de Foz dotaría de crédito e aprobaría todas as facturas que non fosen “ilegais”, e non, nunca votaríamos a favor do pago de facturas con reparos de intervención por fraccionamento de contrato, porque iso é votar a favor das cacicadas do PP.
No tema das inversións 600.000€ para o arranxo do pavillón que sairán dos petos de todos nosoutros, impostos catastro mais catro anos de multas, non nos parecía xusto. A Deputación, a Xunta debe , é a súa obriga, participar neste tipo de inversións…pero claro hai que solicitalo, pedilo, esixilo.
E no tema da RPT, que ten que ver cos traballadores de concello e eles reclamaban, imos contratar unha empresa externa e pagarlle 12.000€ cando se pode solicitar a Deputación de Lugo e nos sae gratis …..o sabe ben a alcaldesa de Mondoñedo que xa o ten feito.
É o que é….o martes de carnaval do ano que ben será festivo proposta do BNG (2) co si do PP(5) …o PSOE se abstivo….certo é que a proposta do PP na Comisión de pleno foi o 7 de Xulio, pero sempre se pode cambiar de opinión…a última hora.