O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) presentaba o pasado sábado 9 de xullo no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz o seu Caderno Número 5.
Trátase da historia novelada dun feito histórico ocorrido na parroquia de Couboeira hai máis de douscentos anos e do que foi protagonista unha rapaza da parroquia de Frexulfe, no Valadouro, que foi asasinada cando viaxaba ao mercado de Mondoñedo. O autor deste Caderno Número 5 é Gonzalo Villarmea Carreiras, natural de A Campa (Mondoñedo) e afincado en Foz.
Ao acto asistiron arredor de 30 persoas, a maioría membros do Seminario. Falaron Pepe Peinó, Presidente do SEVA, e o propio autor do Caderno e interpretou varias pezas musicais o músico José Luís Fernández Carreiras, parente do autor e natural da parroquia alfocense de Bacoi.