Ribadeo, 1 de xullo de 2016. A Casa da Xuventude será escenario dun curso denominado Por qué non traballamos en equipo? Habilidades para o traballo en contornos cooperativos. Trátase dun obradoiro gratuíto de 20 horas de duración, que “nos fará reflexionar sobre o traballo en equipo e súas vantaxes”, explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local. Está organizado pola UGACOTA (Unión de Cooperativas de Traballo Asociado) e vinculado á rede EUSUMO. O curso impartirase ao 12 ao 15 de xullo 09.30 a 14.30 horas.
A rede EUSUMO é unha rede de colaboración cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local sinalan que “o que se pretende é que as persoas que participen no curso poidan desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo, así como coñecer os recursos e metodoloxías que nos axuden a traballar e mellorar as habilidades sociais, sen descartar o descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo”.
A acción formativa configúrase en catro sesión de 5 horas de duración cada unha. En cada sesión traballarase sobre unha habilidade específica, desenvolvemento dinámicas e actividades colaborativas e contextualizando a actividade no marco da xestión da cooperativa.
Na primeira sesión presentarase a UGACOTA e a rede EUSUMO, explicarase como se traballa nunha cooperativa, as habilidades para manexar emocións, o autocoñecemento e autoestima.
Na segunda sesión a comunicación será a protagonista. A escoita activa, as barreiras da comunicación, a empatía e asertividade ou a habilidade para xestionar críticas, peticións e eloxios serán outros dos aspectos que se analicen.
Na terceira sesión analizaranse as habilidades en xestión social, traballo en equipo, as fases de maduración do equipo, os roles nos equipos de traballo… E na cuarta sesión os asistentes abordarán a toma de decisións, as vantaxes e inconvintes…
O Concello de Ribadeo, como entidade colaboradora, non é alleo ás novas tendencias “e cre preciso desenvolver a formación que conleve o fomento do espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía local”.
As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no seguinte enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1A8wHF6_z6CKzqKgeaDUg80wfzQY7OW2YqTnJCOMSY_k/viewform






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



