A pista que vai de A Barrosa ao núcleo rural tradicional de Brea, na parroquia focense de Nois, atópase en malas condicións ao non estar asfaltada. E o continuo paso de camións de madeira fai que se deteriore cada vez máis, facéndoa dificilmente transitable nos meses de inverno.
É por iso polo que o PSdG-PSOE insta ao Goberno Municipal a incluír dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) a pista de A Barrosa a Brea a través dunha moción que presentará no vindeiro Pleno.
Sentido único da Avda. do Cantábrico no verán
Por outra banda, os socialistas indican que “de todos é sabido que a Avda. do Cantábrico durante o verán vai cambiar de ser unha vía do dobre sentido a ser unha vía de sentido único en dirección á praia de Llas. Nestes días estamos a ver como os aparcadoiros en batería están en dúas posicións distintas. Uns no mesmo sentido da marcha e outros no sentido contrario xerando confusións entre os condutores e algún problema cos viandantes”.
Igualmente, consideran necesario dotar duns aparcadoiros para motos nesa zona e evitar así que estas estacionen encima da beirarrúa.
Así, instan ao goberno municipal a reordenar os aparcadoiros na Avda. do Cantábrico no sentido da marcha para que todos estean no mesmo sentido, establecer unha zona de aparcadoiros de motos entre o bar A Esquina e o Kebab, poñer na metade da Avda. do Cantábrico unha sinal vertical coa indicación do sentido da marcha e outra sinal vertical no carril-bici para indicar con claridade a prohibición do uso deste polos peóns.
















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



