Burela, 8 de xullo de 2016. Representantes do Concello e da asociación Ledicia mantiñan este venres un novo encontro para perfilar as actividades a desenvolver durante a celebración da Feira do Bonito. Este ano todos os actos se concentrarán nunha soa xornada.
O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “hoxe tivemos unha xuntanza coa asociación cultural Ledicia para organizar a Feira do Bonito para este ano. Estiveron presentes os concelleiros de Turismo e Cultura e responsables de Ledicia para tratar todos os temas pendentes”.
Llano precisou que “estivemos vendo o orzamento que se necesita para este ano aínda que xa se verá o definitivo cando se saiba o prezo do bonito e este ano a ver qué tal nos vai. Esperemos que recupere a costeira inmediatamente porque de momento non hai moitas capturas e iso pode influír no prezo”.
O rexedor subliñou que “o que queremos é organizar un bo día da Feira do Bonito. Este ano queren concentralo todo nun só día e estamos mirando os diferentes actos e as colaboracións que nós podemos establecer desde o Concello”.
O alcalde de Burela salientou que “o que nos interesa desde o Concello é facer unha boa achega a esta Feira e axudar en todo o que se poida aos organizadores, e facer unha presentación tanto no Concello de Burela como en Lugo e estamos mirando a ver se tamén imos este ano a Santiago”.
Llano asegurou que “imos procurar facer un bo día da Feira do Bonito. Concentrar todos os actos nun día, que será o sábado con moitas actividades, moi diferenciadas non soamente comer bonito senón que quen veña se atope con outras cousas que se irán sabendo pouco a pouco a través do que comunique Ledicia e tamén as Concellerías de Turismo e Cultura”.
Neira Brochs
Por outra banda estes días remataranse os traballos de reparación da obra do artista Neira Brochs, que está situada na Praza da Mariña.
O alcalde, Alfredo Llano, contou que “había unha necesidade porque non sabemos exactamente porqué, pero caeron tres anacos da obra que Neira Brochs ten posta na Praza da Mariña, unha peza singular, moi bonita, que ademais ponlle nome á praza e eu penso que lle da unha importancia clara a esa zona”.
O rexedor burelés engadiu que “caeron tres pezas desa obra e houbo que facer a reposición. O artista fixo esas tres pezas, levounas a reparar e facer todo o que hai que facer para que se poidan repoñer. Estanse colocando e esta fin de semana posiblemente poida estar esa obra e senón para a semana que ven quedará rematada”.
Llano dixo que “é unha cousa que é importante porque leva moito tempo estragada e non se fixo nada hasta este ano que tiven a ocasión de falar con Neira Brochs, e xa se comprometeu a facela e fíxoa o antes posible. É algo que se recupera para os veciños de Burela”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



