O venres 15 de xullo remata o prazo para anotarse no curso preparatorio das probas para obter o certificado de lingua galega Celga 2 en Xove.
Trátase dun curso gratuíto que se impartirá no IES Illa de Sarón de luns a venres entre o 12 de setembro e o 2 de novembro en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Este curso é o único que se impartirá este ano na Mariña Lucense e preparará para as probas CELGA 2 que previsiblemente terán lugar no mes de novembro.
As persoas interesadas poderán achegarse ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove e cubrir a solicitude en horario de 08.30 a 14.30 horas. Tamén está dispoñible a inscrición telemática na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal ata o sábado 16 de xullo.