A Liga Nacional de Fútbol Sala deu dúas tempadas de prazo para que aqueles clubs de Primeira e Segunda División que non teñan un pavillón adecuado aos seus requisitos busquen unha solución, en aras do crecemento do fútbol sala e das entidades protagonistas.
O CD Burela FS Pescados Rubén e Vista Alegre están entre os afectados. O club laranxa xa fixo chegar toda a información remitida pola LNFS ao Concello de Burela, a Deputación de Lugo e a Secretaría Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia, solicitando a implicación das tres Administracións; nestes momentos a entidade mariñá está á espera de reunirse cos seus respectivos responsables.
Entre os requisitos aprobados en Xunta Directiva pola LNFS o pasado 18 de abril e que serán esixidos a partir do 1 de xullo de 2018, Vista Alegre deberá dispoñer de 2.000 localidades, con distancia mínima de 2 metros do terreo de xogo, e con bancadas tanto nos laterais como nos fondos; as zonas de aseo e cafetería deberán ser independentes para cada bancada. Así mesmo as instalacións deberán dispoñer de sala de primeiros auxilios e atención médica en zona de vestiarios e sala de control de dopaxe nas proximidades.
Os medios de comunicación deberán dispoñer de zona reservada en bancada separada do público e sala de traballo próxima, ademais de sala de prensa, de doado acceso desde os vestiarios, e zona mixta para entrevistas. Vista Alegre tamén terá que adaptarse para que permitir á Televisión visión ininterrompida con todas as cámaras de todo a área de xogo e zonas circundantes, incluíndo bancos, sen que estas invadan a zona de seguridade de 2 metros do terreo de xogo e sen estar preto do público.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
