Cervo, 19 de agosto de 2016. Na Casa da Cultura, de San Cibrao, pode visitarse unha exposición de manualidades feitas por mulleres que participaron nun curso organizado pola asociación As Espalladoras. Á inauguración da mostra asistiron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros da corporación municipal de Cervo.
O rexedor municipal explicou que “inauguramos unha exposición das manualidades feitas polas mulleres que estiveron acudindo a un curso organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras. Vai estar aberta ata o 28 de agosto en horario de mañá e tarde. Pola mañá de 11.00 a 13.30 horas e pola tarde de 18.00 a 21.00 horas. Expóñense os traballos feitos por unhas vinte persoas, que foron as que acudiron a estes cursos que tiveron lugar no local social de Castelo, un dos locais públicos que ten o Concello de Cervo e que nosoutros cedemos, como outros espazos, ás distintas asociacións do noso concello”.
Alfonso Villares engadiu que é “unha actividade máis, que neste caso organiza este colectivo de mulleres, co que nosoutros, desde o Concello de Cervo, ao igual que noutros, intentamos facer todo o posible para mantelos vivos e que a súa actividade, a que cada un deles queira desenvolver ao longo de todo un ano, poida ser posible; e neste caso podemos así todos gozar durante este mes dos distintos traballos feitos por estas vinte persoas que acudiron a este curso de manualidades feito por este colectivo de mulleres”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



