Burela 29-8-16. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este luns a quinta edición do Torneo de Pádel Grupo Ditram, que se celebrará do 1 ao 4 de setembro no Activity Center de Burela, e que reunirá a elite do deporte coa presenza confirmada de reputados xogadores do World Padel Tour como Borja Ytibarrem, Guga Vázquez, Martín Sánchez ou Cristian Gutierrez ‘Sanyito’.
Na presentación do torneo tamén participaron o Concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández; o presidente da Fundación Indecum, Marcelino Luna, e o presidente do Club Activity Center, Ibán García, entre outras autoridades.
Dende a súa posta en marcha fai cinco anos, o torneo converteuse nun referente a nivel galego, tanto polo nivel dos participantes, como pola expectación e repercusión que xera. A competición dividirase nas seguintes categorías: 1ª masculina, 2ª e 3ª masculina, 1ª feminina, 2ª feminina, 1ª e 2ª mixta e veteranos +40.
Inscricións
Os xogadores interesados en participar nesta quinta edición do evento poderán inscribirse ata o próximo mércores 31 de agosto ás 14:00 horas no teléfono 982 581 381 ou na páxina web www.doblered.net. O prezo por persoa é de 18 euros nunha única categoría, e 10 euros por cada categoría adicional. O mércores realizarase, ademais, o sorteo de cadros, a partir das 18:00 horas no Activity Center de Burela.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
