Burela 1-8-16.Curso: A Mariña-Extensivo (Fase teórico-práctica: 200 horas+Fase práctica: 150 horas). Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia
Sede: Burela (provisional)
Datas: Inicio o 24 de Setembro e remate o 27 de novembro (Sábados e domingos)
* En función das necesidades horarias e dacordo cos participantes poderase liberar as tardes de domingos, en troques das tardes dos venres.
Prezo:
Até 15 de agosto de 2016: 225 (entrada 45 €)
Até 15 Setembro de 2016: 260 (entrada 50 €)
* Posibilidade de pago en tres prazos de 60/70 € máis entrada.
-Membros das equipas educativas de Altair ou persoas que desexen pertencer ao voluntariado educativo de Altair: 75 euros
Inclúe: seguro de responsabilidade civil, poliza de accidentes para o alumnado, material e actividades, desprazamento ao lugar onde se desenvolva o modulo de campismo.
+ INFORMACIÓN: https://etlaltairgaliza.wordpress.com/cursos/a-marina-setembro-2016-curso-extensivo-de-monitorxs-atl/
INSCRICIÓN AQUÍ—–> https://etlaltairgaliza.wordpress.com/inscribete/























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



