A Mariña 1-8-16. A FCAM asinou un acordo de colaboración coa empresa de mensaxería ASM Burela, actualmente asociada á ACIA Burela. O acordo garante unhas tarifas reducidas para todos os socios de calquera das asociacións que forman parte da Federación: ACISA Ribadeo, ACIA / CCA Foz, ACIA Burela, ACIAM Xove, CC histórico de Viveiro e ACIA O Vicedo.
O acordo permitirá que os asociados podan realizar envíos de transporte a todos os puntos que necesiten, tanto a nivel local, como galego e nacional, a uns prezos moi competitivos.
Este acordo terá unha duración dun ano, coa posibilidade de prolongalo no tempo.
A sinatura do convenio foi realizada polo presidente de la FCAM, D. Ramón Leivas e polo responsable de ASM en A Mariña.
Dende a directiva da entidade din estar moi satisfeitos con esta negociación, que é moi ventaxosa para todos os asociados, ademais de que se realiza cun socio pertencente á entidade. É outro paso máis para futuros acordos, como sucedeu anteriormente coa entidade Repsol, o Banco Sabadell e Servicio Audiovisuales El Farero