O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados de representantes da Liga de Traiñeiras; presentaron este xoves no salón de plenos deste concello mariñán a IV Bandeira A Mariña, última proba puntuable do campionato galego de traiñeiras. O organismo provincial colabora na organización deste evento, que atraerá a preto dun millar de persoas á Mariña durante a última fin de semana de agosto, cunha achega económica de 18.000 euros.
Rivera Capón sinalou que “esta cuarta edición da Bandeira A Mariña será sen dúbida a máis importante dos últimos anos xa que, a diferenza doutras edicións, a puntuación dos participantes que van á cabeza é moi similar. Isto fará que o gañador da Liga Galega de Traiñeiras máis disputada da historia se decida o sábado 27 en Burela coa final da Liga A”.
O Deputado de Deportes sinalou ademais que “non só está en xogo o premio de campión senón que tamén se vai a disputar durante esta fin de semana o play off de ascenso e descenso, decidíndose que embarcacións baixan á Liga B e cales soben á máxima categoría. Todo isto fará que a Mariña reúna durante a fin de semana do 27 e 28 de agosto a un total de 21 traiñeiras, 500 remeiros e máis de 1.000 espectadores”.
A IV Bandeira A Mariña disputarase, polo tanto, nunha dobre xornada con dúas regatas en formato contrareloxo. Mentres que en Burela as traiñeiras sairán dunha en unha, en Ribadeo farano de dúas en dúas, tal e como explicaron os responsables da LGT. Por outra parte, o domingo en Ribadeo competirán tamén as embarcacións femininas, sendo esta unha das cinco probas que se disputan en total ao longo do ano.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
