Ribadeo, 9 de agosto de 2016. Este mércores terá lugar unha demostración-obradoiro de olaría tradicional da Ribeira Sacra. Será a partir das 11:30 horas no forte de San Damián. A actividade enmárcase dentro do programa de Mariñarte 2016.
Tomás López será o encargado de achegar aos asistentes á olaría da zona de Gundivós, no concello de Sober. Segundo explican desde a Concellaría de Cultura “esta olaría ten a súa esencia na elaboración das pezas con barrio propio e procede do neolítico castrexo. Destaca destas pezas a súa cor marrón escura, case negra, e coñécese por se un modo artesán único en Europa”.
E o xoves, 11 de agosto, terá lugar unha nova sesión do obradoiro de creación de bonecos triádicos a partir das 11:30 horas, a cargo de Mau Marela. Esta mañá xa celebrou unha primeira parte deste taller. Os organizadores indican que “se trata dunha actividade na que construiremos bonecos baseados nas figuras xeométricas básicas e nos deseños do artista Oskar Schlemmer, da #Bauhaus. Vai ser divertido, sorprendente e diferente”.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



