O vindeiro sábado 13 de agosto celebrarase en Alfoz un maratón de pintura ao aire libre no que poderán participar todos os pintores que o desexen dentro de dúas categorías, unha infantil ata 16 anos e outra sénior. A técnica e as medidas dos traballos serán libres, non así a temática que será obrigatoriamente referida ao concello de Alfoz, podendo reproducir calquera motivo, monumento ou paisaxe do termo municipal.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse no Castelo do Castrodouro a través do correo electrónico turismo@concellodealfoz.com ou, de forma presencial, o mesmo día do maratón de 9:00 a 11:00.
O xurado do concurso estará formado por Miguel Angel Martínez Coello, quen actuará de presidente, e por Pilar Casabella, Xosé Blanco e Hipólito Xeada, que actuarán de vogais.
Establecéronse os seguintes premios segundo a categoría:
Categoría Sénior:
1º Premio: 100 € + Trofeo + Libro asinado por Miguel Angel Martínez Coello
2º Premio: Trofeo + Maletín de pintura
3º Premio: Trofeo Libro asinado por Martínez Coello
Premio ao pintor local: Trofeo + Maletín de pintura
Categoría Infantil:
1º Premio: 50 € + Trofeo + Libro asinado por Miguel Angel Martínez Coello
2º Premio: Trofeo + Maletín de pintura Infantil
3º Premio Trofeo + Libro asinado por Martínez Coello
Premio ao pintor local: Trofeo + Maletín de pintura Infantil
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación no maratón e as súas obras permanecerán expostas no Centro Sociocultural de Alfoz ata o 31 de Agosto.
A Área de Cultura e Turismo Concello de Alfoz, organizadora do evento, convida a todos os veciños e visitantes a participar nesta iniciativa, a cal “ten un dobre obxectivo, por unha parte promover a practica da pintura e por outro lado que os participantes observen as marabillosas paisaxes e monumentos do noso concello”, apunta Xabier Pardiñas, tenente alcalde de Alfoz.