Foz, 16 de agosto de 2016. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destacou a boa organización e a ausencia de incidentes pese á gran asistencia de público que houbo nas festas de San Lourenzo e no Why Not Here Fest. Ademais o rexedor lembra que as actividades continúan no municipio esta semana, con eventos como a feira do libro, a multisectorial e a de gando na parroquia de Cangas.
Javier Castiñeira manifestou esta mañá que “hoxe é o momento de facer valoracións despois de nove días intensísimos no concello de Foz, con festas e diferentes actos, eventos que encheron o noso municipio. Foron días de moito traballo para todo o mundo, pero dende logo o equipo de goberno e o persoal do Concello estamos moi satisfeitos polo labor que se fixo. Eran nove días moi complicados, que empezaron o 6 e que incluíron entre outras moitas cousas, aparte de dous fins de semana, as festas do San Lourenzo e un remate excepcional do festival Why Not Here Fest. Houbo moita xente que atender no pobo, na mesma liña que en toda A Mariña, pero estamos contentos porque o funcionamento dos dispositivos creados para estes nove días funcionaron moi ben, tanto no referido aos cortes de tráfico como no seguimento do plan de seguridade tanto do San Lourenzo como do festival musical. Houbo un moi bo traballo por parte dos servizos municipais e especialmente quero agradecer á Policía Local o seu traballo durante estes nove días, cunha coordinación absoluta. Hai que ter en conta tamén que no medio tivemos un mercado semanal que houbo que desprazar, localizando a cada tendeiro nun novo emprazamento, cun resultado moi bo. Polo tanto, as miñas felicitacións ao equipo da Policía Local, pero tamén á comisión de festas do San Lourenzo, a asociación Sempre Foz, e aos organizadores do festival Why Not Here Fest, a produtora La Fleur Producciones; en definitiva, a todos aqueles que participaron nos eventos destes nove días que deron moita actividade ao pobo e isto fai que a xente siga confiando en Foz para pasar o seu ocio, a pesar de haber tamén noutras localidades moitas actividades e festas, que tamén tiveron moita aceptación”.
O alcalde focense engadiu: “o que se trata é de que a xente goce e teña moitas alternativas en toda A Mariña, pero sobre todo no noso concello, e a valoración definitiva é moi boa porque non houbo ningún tipo de incidentes. As praias estiveron ateigadas, os festivais exactamente igual, as festas do mesmo xeito, coa culminación cos fogos artificiais do día 10, que foi estupenda. Polo tanto debemos estar todos moi contentos, pola ausencia de incidentes e con moita xente”.
Castiñeira espera “que continúen así as seguintes actividades, que xa se están a preparar para este fin de semana, con moitos eventos tamén, como son a feira multisectorial, a Feira do Libro, en Cangas a feira de Gando; e actos deportivos, como as horas de baloncesto e demais. Polo tanto aí seguimos a tope para gozar todo o mes de agosto e incluso os primeiros días de setembro”.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



