Madrid, 12 de agosto de 2016. En Marea ven de rexistrar no Congreso dos Deputados unha iniciativa parlamentar para demandarlle ao Goberno central medidas destinadas a reuperar o areal de Covas en Viveiro, na Mariña de Lugo.
O parlamentar de En Marea pón de manifesto na súa iniciativa “a regresión que desde hai anos sofre a Praia de Covas e que é obxecto dunha grande preocupación social na comarca porque observan como a súa praia urbana máis coñecida está a desaparecer debido ao impacto das diferentes obras portuarias”.
Obxecto de movilizacións
Explica Miguel Anxo Fernán Vello que as numerosas obras do porto, así como dragaxes afectaron negativamente ás correntes mariñas, o que alterou o ecosistema do areal de Covas. De tal xeito que “a alteración das correntes mariñas provocou importantes perdas de área na zona da praia coñecida como Os Castelos, para se acumular no outro extremo, no Cembedo”.
O deputado de En Marea traslada ao Goberno as importantes movilizacións sociais realizadas na comarca por este problema. “A preocupación social levou a centos de habitantes da comarca a protagonizar en xullo unha cadea humana co propósito de reivindicar que se adopten medidas de protección do areal para evitar a súa perda”.
Colectivos de defensa da praia de Covas responsabilizan do deterioro do areal ao impacto das actuacións portuarias que danaron as correntes mariñas. “A necesidade de pór freo a esta situación é unha reivindicación unánime da comarca de A Mariña, no que existe total coincidencia política, social e económica”.
Miguel Anxo Fernán Vello formula unha batería de preguntas ao Goberno para saber que disposición ten a coordinar coa Xunta un Plan con medidas para recuperar e rexenerar a praia de Covas.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



