O Valadouro, 15 de agosto de 2016.- O presidente e portavoz do Partido Popular do Valadouro, José Manuel Lamela, explicou que foi a súa formación política quen solicitou á Xunta que acometera a obra de arranxo do patio da Escola Infantil ante a negativa do Alcalde a efectuar estes traballos.
Os populares víronse obrigados a realizar esta petición despois de que PSOE e BNG no pleno municipal non apoiasen a moción do PP na que precisamente reclamaban que fora o Concello quen realizase esta obra de mantemento, porque era competencia municipal, bloqueando a situación sen pensar no interese dos veciños.
Jose Manuel Lamela mantivo un encontro co xerente do Consorcio Galego de Benestar, Perfecto Rodríguez, organismo do que dependen a rede de escolas infantís, para pedirlle que fora a administración autonómica a que actuase suplindo a inacción do Concello e pensando en xerar o mínimo prexuízo posible ás nenas e nenos usuarios deste servizo.
Lamela lembrou que desde o Partido Popular comprometéronse a dar unha solución ante as nais e pais e indicou que incluso a obra proxectada será moito máis grande do inicialmente previsto, xa que a Xunta non se limitará á substitución das baldosas actuais do patio deterioradas, senón que se optará por unha remodelación máis ampla e duradeira.
Indica tamén que desde o Consorcio de Benestar se notificará tanto ao Concello como as nais e pais, a decisión adoptada e os motivos que levaron á Xunta a acometer unha obra de competencia municipal, en particular, a negativa do Concello a executala.
O ALCALDE MINTE, NON HAI NOTIFICACIÓN OFICIAL
O presidente e portavoz dos populares do Valadouro foi tamén moi critico co alcalde a quen lle acusou de mentir xa que logo non é certo, como anunciou aos medio de comunicación, que recibira unha notificación oficial da Xunta respecto de que tiña previsto asumir esta obra, senón que o único que se lle fixo desde a administración autonómica foi solicitar a apertura do centro ou a entrega das chaves para que se desprazara un técnico e puidera valorar, observando a situación, o proxecto a acometer.
Desde o PP tamén lamentan que Edmundo Maseda pretenda apropiarse dunha xestión que non é súa e nesa liña lembran que non é certo que o voto de calidade do alcalde, rexeitando a moción do PP, obrigase á Xunta a acometer este arranxo, senón ao contrario, supuxo un bloqueo que impediu que as obras empezaran antes, situación que agora logrou desbloquear o PP.
AXILIDADE NOS TRABALLOS
Lamela pedioulle ao xerente do Consorcio de Benestar que axilicen o máximo posible todo este procedemento para que a obra poida estar finalizada antes de inicio do novo curso e nesa liña pediulle colaboración ao Goberno local pois, xa que eles non fan os seus deberes polo menos que non sexa un obstáculo ante os traballos que ten que realizar a Xunta.
O presidente dos populares do Valadouro non pode rematar sen lembrar que os mesmos que desde o Goberno local, agora din que están tan preocupados pola Escola Infantil, no seu día votaron en contra de investir na ampliación do centro que foi un compromiso que fixo realidade o PP baixo o seu mandato de goberno.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



