Barreiros, 1 de agosto de 2016. Segundo se pode comprobar na páxina web de Adeac, o organismo que concede as Bandeiras Azuis, o concello de Barreiros vén de perder definitivamente todos os galardóns das súas praias. “Era algo que se estaba vendo vir nos últimos anos e, especialmente, neste ano cando, a incompetencia e a deixadez se fixo aínda máis palpable”, afirman desde o grupo municipal do BNG.
“É a primeira vez que Barreiros non ten Bandeiras Azuis nas súas praias desde que se comezou a outorgar este galardón. Este concello logrou ser un referente turístico chegando a ter oito bandeiras, sendo o segundo de Galiza con máis bandeiras, e agora retíranlle todo recoñecemento como consecuencia da deixadez e a desidia dun goberno municipal que só se preocupa de saír nas fotos con Feijoo na recollida e o día do izado e nen sequera ese día se cumpren as condicións para ter bandeira en todas as praias”, asegura a portavoz municipal, Ana Ermida. “Non sabemos se Feijoo ten tantas ganas de sair na foto co alcalde de Barreiros aprobando a súa xestión no concello”, ironizan desde a formación nacionalista.
Problemas medioambientais e no servizo de salvamento e socorrismo.
Para o BNG “ten especial gravidade que a retirada das bandeiras veña motivada maioritariamente por incumplimentos en materia de socorrismo e problemas medioambientais, xa que non é exclusivamente que se retiren as bandeiras; senón que se pode estar xogando coa seguridade e a saúde das persoas usuarias”, sinalan desde o BNG.
“É incrible que a día un de agosto alguén teña a pouca vergoña de saír na prensa anunciando a colocación de wc nalgunhas praias, como se se puidera presumir dunha gran xestión tendo os areais sen os servizos máis básicos a metade da temporada de verán”, afirma desde a formación frontista.
“Todos os problemas expostos pola ADEAC no seu informe no que se advertía da posibilidade da retirada definitiva das bandeiras serían subsanables se houbera intención de facelo, pero a deixadez é tan absoluta que nós”, explica Ana Ermida, “a día de hoxe non sabemos nen sequera se contestarían ao informe, a pesar de telo preguntado no pleno.”
Asunción de responsabilidades e dimisión de alcalde e concelleiro de medioambiente.
Para o BNG “a situación é tan grave que require de asunción de responsabilidades de quen, en todos estes anos, non só non foron quen de arranxar a situación, senón que destrozaron todo o traballo e a xestión que había feitos”.
A formación nacionalista pide as dimisións do alcalde, como responsable directo de toda a xestión, e do concelleiro de medioambiente. “Á vista está que non son capaces para desenvolver os seus postos, que están manchando a imaxe de Barreiros e que están deixando o noso concello nunha situación gravísima e vergoñenta. A sensación é de absoluta deixadez e desatención de todo. Parece coma se este concello non fora o seu e non lles importase”.
“As veciñas e veciños de Barreiros non merecemos que nos represente quen, desde os sillóns de goberno, está manchando o nome deste concello desde todos os puntos de vista. Non merecemos un goberno prepotente que non atende nin escoita a quen o advirte para buscar solucións”, aseguran desde o BNG.
“Esta é a última mostra de a onde nos leva o Partido Popular con Alfonso Fuente á cabeza. Desgraciadamente para o noso concello, seguramente non sexa a derradeira”, lamenta Ana Ermida.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



