Do 23 ao 25 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela desenvolverase a IV Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro coa colaboración do Concello de Viveiro.
Traballando estes días en pechar o número total de participantes contará principalmente con casetas dedicadas á venda de artigos de moda de muller e nenos, deportes, mobles e decoración, complementos e zapaterías.
O éxito das pasadas edicións estivo baseado en gran medida pola variedade de sectores e artigos postos á venda cuns prezos moi reducidos.
Durante 3 días os comerciantes sacarán á venda produtos das últimas tempadas e os clientes poderán aproveitar para adquirir verdadeiras gangas.
Contando coa afluencia de xente que ten Viveiro no mes de agosto, desde a asociación esperamos repetir o éxito obtido en anos anteriores.
Apertura do 15 de agosto
O luns 15 de agosto o comercio asociado ao Centro Comercial Histórico de Viveiro abrirá as súas portas en horario especial de festivos, de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.