Cervo, 23 de agosto de 2016. O Concello de Cervo leva a cabo estes días obras de mellora e acondicionamento no salón de actos da Casa do Mar, de San Cibrao. O investimento, asumido integramente con fondos municipais, ascende a 12.000 euros.
O alcalde, Alfonso Villares, explicou hoxe que “durante estes días desde o Concello de Cervo estamos a acometer unha serie de traballos na Casa do Mar, de San Ciprián. É un edificio que desde hai tres anos que o Concello conseguiu a súa concesión, é propiedade nosa. Un proceso que foi moi longo e xa os veciños estes anos pasados tiveron boa conta das problemáticas que tivo o Concello de Cervo para facerse cargo deste edificio público. E desde que está xestionado polo Concello de Cervo estamos a facer pouco a pouco distintos traballos para enchelo de actividade”.
O rexedor municipal engadiu “nun primeiro momento o que xa fixemos foi levar para aí a Escola Infantil do Concello de Cervo. Tamén informamos a semana pasada de que estamos instalando un ascensor, o que vai posibilitar a mellora da accesibilidade a aquelas persoas que teñen problemas de mobilidade á parte alta deste edificio. E agora estamos a acometer uns traballos no salón de actos deste edificio para acondicionalo e mellorar as súas condicións de uso. Estamos a colocar unha tarima no chan deste salón de actos, que se está a utilizar polas escolas deportivas do Concello de Cervo. Aí teñen lugar moitas das actividades, como as de ximnasia que fan estas escolas. Por iso é necesario que este espazo estea adecuado e sexa cómodo para os distintos usos que lle estamos a dar e polo tanto estamos a proceder a colocar esta tarima flotante e facer traballos de pintura e acondicionamento deste salón de actos”.
Alfonso Villares subliña que “son uns traballos máis que está a acometer exclusivamente o Concello de Cervo cunha inversión de 12.000 euros, que proceden unicamente dos fondos municipais. Nós entendemos que están ben empregados porque con isto o que conseguimos é darlle un mellor uso a un edificio público que levaba uns anos sen usarse, como é esta Casa do Mar, de San Cibrao”.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



