Mondoñedo 2 de agosto de 2016.- O Concello de Mondoñedo ten previsto desbrozar en torno a 300 quilómetros de maleza ao longo de todas as parroquias da localidade. Así o avanzou a rexedora, Elena Candia, quen precisou que estas actuacións, dependentes das concellerías de obras e medio rural do Concello, contan co financiamento da Xunta de Galicia. Candia engadiu a importancia destas labores “moi necesarias para as zonas rurais do municipio mindoniense que darán unha nova imaxe ao rural da localidade”.
Deste xeito, a alcaldesa cumpre co seu compromiso “de desenvolver un plan de desbroces planificado no rural” asumido á súa chegada ao goberno da cidade mindoniense.
Candia indicou que con estas actuacións “damos resposta ás peticións dos veciños e veciñas que me trasladaron a necesidade de mellorar os camiños do rural do noso Concello”.
En concreto, desbrozarase co tractor un total de 66,50 quilómetros na parroquia de Argomoso; 7,56 km en Couboeira; 4,80 km en Figueiras San Martiño; unha superficie de 19,90 km en Lindín; 20,07 km en Masma; 8,50 km en O Carme; 8,70 km en Oirán; 55,20 km en Os Remedios; 3,30 km en San Vicente; 22,99 km en Santa María Maior; 5,40 km na parroquia de Santiago; 31,61 km en Vilamor e 3,00 km en Viloalle.
A brigada municipal limpará áreas emblemáticas do municipio
A alcaldesa precisou tamén que a brigada municipal de obras limpará a man preto de 10 hectáreas de superficie en zonas emblemáticas do rural mindoniense como a área recreativa Argomoso, o acceso á Cova do Rei Cintolo ou a área recreativa Masma. Así como os accesos aos camiños na parroquia de Sasdónigas e aos distintos núcleos do rural de difícil acceso para a maquinaria.
A rexedora agradeceu á Xunta de Galicia “o seu compromiso co Concello de Mondoñedo” e engadiu que “con estas actuacións damos resposta ás demandas dos nosos veciños e veciñas”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



