Burela, a 19 de agosto de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) mostrou este venres a súa “satisfacción polas obras que a Xunta de Galicia que preside Núñez Feijoo, a través da Consellería de Educación, está a facer e facerá nos centros de ensino de Burela nestes meses de verán, atendendo as demandas do sector educativo, e que foran transmitidas á propia Consellería polo anterior equipo de goberno municipal nos primeiros meses de 2015. Tendo en conta a magnitude do sector educativo na nosa comunidade autónoma, é de agradecer que a Xunta faiga estas actuacións con celeridade”.
Os populares indican que “nestes días, comenzaron as obras de renovación da cuberta do pavillón do CEIP ‘Virxe do Carme’, que teñen un presuposto de 60.000’00€. Con estas obras este pavillón quedará en mui boas condicións de uso logo de que o anterior goberno municipal acometerá as obras de remodelación dos vestiarios e pintado parcial interior”.
Desde o GMP manifestan que “logo de investir 120.000’00€ hai dous anos no cambio da cuberta do edificio número un, tamén se acometen obras de mantemento no CEIP ‘Vista Alegre’ por importe de 25.000’00€. E nos vindeiros días e semanas acometeranse as obras da renovación do teito do IES ‘Monte Castelo’, cun importe de 140.000’00€ e as da segunda e derradeira fase da ampliación do IES ‘Perdouro’, cun presuposto de 170.000’00€.”
Para os concelleiros populares, “é gratificante ver cómo o traballo de xestión que se fixo cando estivemos no goberno municipal dá os seus froitos, a pesares da pasividade do acual goberno socialista, que ainda non apareceu pola sede da consellería en Santiago”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



