Dende a primeira locomotora a vapor que circulou sobre raìles, presentada en 1802 polos ingleses Trevtink e Vivian, que ós dous anos fixeron unha demostración sobre unha vía mineira de 15 km. de longa, logrando mover unha carga de 10 Tm. de ferro e 5 coches con 70 pasaxeiros, a unha velocidade aproximada de 8 km./hora, ata a actualidade en que o AVE acada os 300 Km. a historia do ferrocarril, como a de tódolos avances tecnolóxicos da Humanidade, é unha sucesión dos mais contradictorios avatares polos que se manifestan as grandezas e as miserias do home.
A aparición do ferrocarril, que se amosaba como o grande recurso para o desenvolvemento dos pobos, espertou a avaricia das crases pudentes, capitalistas e políticos; aquéles porque vían nel un bó futuro para as súas inversións e éstes – os políticos – unha arma importante para gañar votos, xa fose erixíndose en defensores da súa implantación ou opoñéndose a ela, según de onde soplaran os ventos. A actitude diu lugar ás mais sorprendentes situacións, e os cidadáns de a pé dividíanse en dous sectores: aqueles que saudaban entusiasmados a aparición do tren, en canto que medio que racharía co tradicional illamento da nosa terra á que con evidente énfase Curros Enrique chamou o “Cristo dos tempos modernos”,en alusión a que sería quen de facer o milagre da revolución social e económica (os progresistas) e aqueles outros que vían no artefacto que cruzaba a bucólicas leiras un inimigo da paz e do benestar que se respiraba en plena natureza virxe.
O proxecto do ferrocarril Ferrol-Xixón é moi antigo, pois en 1883 o Goberno, con fins militares, para unir os centros industriais e carboníferos de Asturias coa base naval de Ferrol, dispuxo o estudo dunha vía que pasase por Ribadeo e Luarca.
No pleno do 8 de xaneiro de 1903, o concello de Foz adheríase á petición do alcalde de Vegadeo, para colaborar en resolver os atrancos que impedían a pronta realización das obras, e en cantas medidas tomase o alcalde da Veiga, promotor da iniciativa.
En 1926, por vontade de Primo de Rivera, comenzan os traballos, suspendidos en 1931, para voltar despois da guerra civil. Preto de cen anos despois dos primeiros estudos ponse en servizo o último tramo Vegadeo-Viveiro.
E así seguimos na Mariña. Un expoñente do que é a modernidade dos medios nunha comarca de recoñecido potencial económico e humano, ateigada de políticos de probada ineficiencia que segue, a día de hoxe,anclada na prehistoria dos camiños de ferro.
Suso Fernández





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



