Foz 3-8-16. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este mércores en Foz o 1º investimento do Orzamento de 2016 para este municipio, dotado de case 850.000 euros. Fíxoo nunha visita institucional, que arrancou cunha recepción no Consistorio por parte do Alcalde, Javier Castiñeira, e outros membros da Corporación Municipal, na que o Presidente asinou no Libro de Ouro do Concello.
“Hoxe presento en Foz un importante investimento da Deputación para responder ás primeiras necesidades dos case 10.000 focenses: xerar emprego, potenciar os servizos sociais e mellorar as infraestruturas públicas. A beleza natural deste Concello mariñá, onde desemboca o río Masma e se forma a ría de Foz; a riqueza do seu mar para o turismo e o sector pesqueiro; ou os seus importantes recursos forestais, converten a Foz nun Concello cheo de oportunidades económicas. Traballemos xuntos para que as potencialidades únicas deste municipio, nas que cree este Presidente e a Deputación, redunden na mellora da calidade de vida dos nosos veciños”, apuntou.
Os preto de 850.000 euros que a Deputación leva a Foz son para as seguintes actuacións:
– 700.000 euros para humanizar e reordenar o tráfico na Avenida Álvaro Cunqueiro. O Presidente e o Alcalde asinaron hoxe o convenio de colaboración mediante o cal a Deputación inviste 700.000 euros, en dúas anualidades de 350.000 euros, a estas actuacións. O Concello achega outros 605.000 euros. O obxectivos destes traballos é humanizar e reordenar o tráfico desta céntrica rúa, beneficiando de xeito directo aos establecementos do comercio que se sitúan na mesma, así como aos veciños en xeral.
– 45.650 euros para obras do POS 2016. É a cantidade que achega a Deputación ao arranxo de vías en San Acisclo e Vilaronte. O orzamento total destas actuacións é de 57.063, financiados nun 20% polo Concello e 80% polo organismo provincial logo de que Campos Conde decidise triplicar o investimento da institución que preside para os traballos municipais que se executan ao abeiro desta programación. Fíxoo no marco da súa aposta pola máxima cooperación cos Concellos para mellorar as prestacións públicas dos lucenses de todos os municipios da provincia.
– 19.216 euros do Plan de Aforro enerxético da Deputación nos Concellos. Con este investimento, o organismo provincial financia en Foz melloras na rede de alumeado público, instalacións de caldeiras ou estufas de biomasa, así como novas redes de calor e illamentos térmicos. Faino para aforrar cartos ás arcas municipais ao reducir custos correntes pola luz ou calefacción e implantar mecanismos sostibles.
– 3.843 euros para Tics. Os Concellos teñen que realizar melloras nas súas sedes electrónicas antes do 1 de outubro pola entrada en vigor da Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Esta normativa establece cambios nas ferramentas tecnolóxicas para axilizar, modernizar, simplificar e garantir aos cidadáns a realización de todos os seus trámites cos municipios de xeito telemático. Por este motivo, a Deputación ofrece aos 66 municipios de menos de 20.000 habitantes axudas económicas, que se distribúen en base a criterios obxectivos (superficie, esforzo fiscal, densidade de poboación e unidades de poboación) para poder levalas a cabo. A cita cantidade é a que lle corresponde a Foz.
Xeración e impulso do emprego
– 37.032 euros para xerar emprego. É o investimento para Foz do DEPUEMPREGO, o Plan de Emprego da Deputación nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Con este presuposto, o organismo provincial asumirá a contratación de novo persoal neste municipio para reforzar as prestacións públicas no Concello. Este plan é unha aposta persoal do Presidente pola xeración de traballo e a máxima cooperación cos Concellos.
– 7.000 euros para a Travesía da Ría de Foz. A Deputación colabora deste xeito co Clube Kayak de Foz na organización nun dos eventos deportivos máis antigos da quenda nacional, que congrega a centos de persoas, dinamizando a economía do municipio e da Comarca en prol do emprego.
– 3.000 euros para a Festa do Berberecho. É outras das citas coa que colabora o organismo provincial dentro da súa aposta polo produtos do mar para impulsar a pesca e turismo, potenciando deste xeito o emprego e a economía.
Servizos Sociais
– 19.314 euros para o Servizo a Domicilio. É o investimento da Deputación que lle corresponde a Foz, tendo en conta o seu índice de envellecemento, superficie, densidade de poboación e unidades de poboación. Por primeira vez, esta prestación suporá custo cero para os Concellos, xa que o Goberno da Deputación decidiu asumir todos os custos. Tamén de xeito pioneiro, o organismo provincial ofrece aos municipios un adianto do 90% e a posibilidade de poder financiarlles, ademais dos gastos de persoal, os gastos de funcionamento, axustándose ás necesidades dos usuarios de cada unha das distintas entidades locais co obxectivo de mellorar a calidade deste servizo público.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



