O Museo Provincial do Mar en San Cibrao acollía este sábado 13 de agosto a presentación do libro A Maruxaina e outras sereas.
Nela participaron os autores; Otero Regal, Pablo Mosquera, Paco Rivas; a Xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, e a Delegada de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Pilar García Porto.
Otero Regal realizou unha viaxe pola tradición das lendas de sereas existentes en moitos lugares do mundo, relacionándoa co matriarcado, sobre todo nos lugares de costa onde as mulleres se quedaban ao cargo da casa mentres os homes marchaban ao mar.
Ademais, referiuse a imaxe das sereas que nunca se sabe realmente se son boas ou malas, se axudan aos mariñeiros ou os atraen baixo os seus feitizos.
Pablo Mosquera referiuse á historia da Maruxaina e Paco Rivas deleitou ao público recitando o poema que prologa o libro.